Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Elías Ledo representa a Down Galicia na lectura do manifesto en defensa dos dereitos das persoas con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Elías Ledo representa a Down Galicia na lectura do manifesto en defensa dos dereitos das persoas con discapacidade

3 Decembro, 2013

» Elías Ledo representa a Down Galicia na lectura do manifesto en defensa dos dereitos das persoas con discapacidade

No marco do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade o CERMI Galicia leu un Manifesto no que se recollen as demandas das organizacións de persoas con discapacidade. Baixo o lema “SOS Discapacidade. Dereitos, Inclusión e Benestar a salvo”, ao acto asistiron persoas con discapacidade xunto coas súas familias, voluntarios e profesionais, en protesta dos recortes sociais que se reuniron para “defender os dereitos e garantías para as persoas con discapacidade e as súas familias, que tanto tempo custou alcanzar e agora ven ameazados”. O Manifesto, que foi lido por persoas con discapacidade, reclama que o actual cambio de modelo de prestación de servizos que está a realizar a Administración Galega, coa implantación da carteira de servizos,  “non supoña o desmantelamento dos sistemas de apoio que actualmente temos e que tanto esforzo supuxo conseguir para o movemento asociativo da Discapacidade e as súas familias”. Por iso, no documento pídense “non máis cambios para nós, sen nós; non máis recortes; e non a máis copagos sobre as xa raquíticas pensións”. Elías Ledo, en representación de Down Galicia, ocupouse de ler a parte relativa á educación demandando “unha educación inclusiva plena de acordo coa Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, á que se adheriu o Estado español, e rexeitamos de pleno a nova normativa da LOMCE, contraria a ditos dereitos”. O Manifesto tamén reivindica o acceso ao emprego das persoas con discapacidade en Galicia. “Por todos está recoñecido que o emprego é un dos principais instrumentos para a inclusión social e participación cidadá das persoas con discapacidade, igual que para o resto da sociedade”, sinala. Neste sentido pídese “o máis amplo compromiso para que nestes tempos as persoas con discapacidade non desaparezamos completamente do mundo laboral, en dirección á exclusión e á marxinalidade”. “Reclamamos a necesidade dunha inclusión e participación na sociedade que abarque todos os campos da vida, desde a educación até o emprego, pasando pola vida social. Só así, co apoio de toda a sociedade, lograremos a verdadeira inclusión”, reclaman o CERMI Galicia. Á súa vez, a proclama advirte da existencia de “formas agravadas de violencia contra a muller con discapacidade”, que persisten na sociedade entre os que padecen unha situación máis vulnerable pola concorrencia de factores de exclusión social, como a discapacidade, a pobreza e o desemprego, ademais do feito de ser muller, “sen que se tomen medidas ao respecto”. Por último, o Manifesto reclama “o apoio incondicional dos nosos gobernantes ás políticas integradoras para manter, senón incrementar, os nosos logros e seguir coa loita pola inclusión social na nosa comunidade e deixar atrás a exclusión social á que estabamos abocados”.

Entradas relacionadas

Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}