A iniciativa, que parte dun convenio asinado entre Down Coruña e o hotel Hesperia Finisterre, situado no paseo de O Parrote, tin como obxectivo “favorecer a inclusión social e laboral deste colectivo”. Grazas a este proxecto, denominado “Down Hotel by Finisterre”, os cinco mozos e mozas comezaron co seu período de formación, que lles ocupará ata o vindeiro mes de maio. A partir de entón, e durante toda a tempada estival, os cinco traballarán baixo contrato laboral en prácticas, adaptándose a diversos departamentos do hotel: Recepción, Cociña, Restaurante, Pisos e Servizos Xerais. Neles coñecerán de primeira man a operativa diaria para desenvolver diferentes tarefas dentro dun hotel. Ao comezo, estarán acompañados por empregados voluntarios, que serán os seus titores durante o período de prácticas, así como por persoal de Down Coruña. A medida que se vaian especializando nas tarefas que lles toca desempeñar, poderán traballar de forma máis independente. O presidente de Down Coruña, Manuel Álvarez Esmorís, afirmou na presentación do proxecto que “esta iniciativa encaixa no modelo de inserción laboral en empresas ordinarias e non en centros especiais” para capacitar aos participantes e promover a súa inclusión no mercado laboral ordinario. Da súa banda, o director do Hesperia Finisterre, Rafael Benito, comentou que “estamos moi satisfeitos por como se esta desenvolvemento esta iniciativa, tanto pola boa predisposición dos mozos e mozas, como pola colaboración de cada un dos empregados do hotel, que se están involucrando con este proxecto de forma voluntaria”.
