Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Convenio para atender con garantías o envellecemento das persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Convenio para atender con garantías o envellecemento das persoas coa síndrome de Down

15 Xaneiro, 2014

» Convenio para atender con garantías o envellecemento das persoas coa síndrome de Down

A necesidade de abordar programas de envellecemento activo e saudable que contemplen as especificidades das persoas con discapacidade intelectual é o obxectivo fundamental do convenio de colaboración asinado esta mañá polo presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, José Carlos Millán, e polo presidente da Federación Down Galicia, Delmiro Prieto. A través deste acordo ambas entidades buscarán fórmulas para mellorar o proceso de envellecemento do colectivo a través dos recursos, estratexias e metodoloxías de intervención axeitados. Acordan, ademais, promover accións que contribúan a unha maior visibilidade, participación e inclusión das persoas maiores con discapacidade intelectual en programas e servizos da comunidade. Na actualidade en Galicia estímase que viven 2.070 persoas coa síndrome de Down e 12.682 persoas con algún tipo de discapacidade intelectual que necesitan que se estuden as súas particularidades e contextos de envellecemento. Unha situación nova derivada do incremento da esperanza de vida Un dos cambios máis significativos das persoas coa síndrome de Down nas últimas décadas é o notable incremento da súa esperanza de vida, que pasou de ser de aproximadamente 9 anos a comezos do pasado século aos 60-64 anos da actualidade. Isto foi posible grazas aos avances nos ámbitos da saúde integral, á incorporación a unha educación inclusiva, á presenza cada vez máis normalizada e demandada por elas mesmas para acceder aos contextos laborais, e aos novos modelos de vida independente que se están levando a cabo desde fai anos na sociedade actual. Neste sentido, o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, indicou que “a traxectoria vital das persoas coa síndrome de Down cambiou, agora van vivir moitos máis anos, e tamén van envellecer. É un fenómeno novo que aínda está invisiblizado. A súa capacidade para envellecer con calidade e benestar vai depender das estratexias que se adopten para que poidan adaptarse aos cambios que conleva esta nova situación  persoal, familiar e social do envellecemento.” Envellecemento e síndrome de Down Xunto co incremento da esperanza de vida, tamén se teñen observado a aparición de manifestacións propias dun envellecemento precoz –comezan envellecer a partires dos 40 anos aproximadamente- así como unha asociación importante entre a síndrome de Down e a enfermidade de Alzheimer. Neste punto, o presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, José Carlos Millán, matizou que, aínda que a incidencia da enfermidade de Alzheimer nas persoas con síndrome de Down se incrementa coa idade, tamén se coñecen casos de persoas que teñen acadado os 70 e incluso os 80 anos sen manifestacións da mesma. Atendendo a estes datos, Millán incidiu na necesidade de “establecer un grupo de traballo para formar ao colectivo de profesionais de ambas entidades nos aspectos particulares do diagnóstico e seguimento das complicacións de este síndrome para poder establecer pautas de intervención precoz que contribúan a un envellecemento saudable, tratando de coñecer as súas necesidade particulares, a fin de establecer a diferenza entre as características do envellecemento e as asociadas a un deterioro cognitivo adquirido”. A voz dos protagonistas Na sinatura do convenio tamén estivo presente Juan José Castrillón Pérez, unha persoa coa síndrome de Down, de 37 anos e veciño de Narón, que explicou as súas preocupacións ao respecto do proceso de envellecemento que terá que abordar nos vindeiros anos. Comezou definíndose a si mesmo como unha persoa “bastante independente”,  e asegurou que a súa autonomía persoal a conseguiu grazas “aos apoios que tiven, os apoios son importantes para manexarse un na vida” manifestou. Juan José Castrillón, que vive con súa nai e seu irmán, afirmou que lle gustaría que“o día de mañá me teñan en conta, que me pregunten antes de tomar decisións que me vaian afectar”. Asegurou que cando pensa en facerse maior lle “gustaría seguir opinando” ao tempo que  “quero ser un maior activo e coidarme, o que máis me preocupa é a miña memoria, pero sei hai formas de traballar a memoria e eu quero seguir aprendendo”.

Entradas relacionadas

Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
Fundación Mapfre colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia
20 Xaneiro, 2023
A Consellería de Política Social e Xuventude colabora no mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
2 Decembro, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}