DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

O Consorcio da Zona Franca formaliza contratos en prácticas con Down Vigo

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» O Consorcio da Zona Franca formaliza contratos en prácticas con Down Vigo

Promover a inserción das persoas con discapacidade intelectual no mundo laboral, é o obxectivo do convenio entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Asociación Down Vigo. Este convenio vén de entrar en vigor tras ser asinado pola delegada do Consorcio, Teresa Pedrosa, e polo presidente de Down Vigo, Fernando Molina. A través deste acordo, usuarios e usuarias do programa de emprego de Down Vigo realizarán prácticas nas instalacións do Consorcio Zona Franca de Vigo por un período de seis meses, prorrogables ata un ano se así se estima preciso para os obxectivos de formación perseguidos. Coa finalidade de que os beneficiarios poidan acreditar experiencia para o seu currículo laboral, o Consorcio expedirá a cada un dos participantes unha certificación na que se dea conta da realización das prácticas, con indicación das tarefas realizadas e o servizo no que se desenvolveron. Durante a sinatura do convenio, Teresa Pedrosa manifestou que “polas dificultades que teñen as persoas con discapacidade para acceder a un emprego, cando o conseguen, traballan como a mellor”. Asegurou, ademais, que “por experiencia persoal sei que, polo afán de superación das persoas coa síndrome de Down e polo seu empeño en realizar á perfección a tarefa encomendada, xerar postos de traballo para persoas con discapacidade é eficaz, rendible e produtivo para as empresas contratantes”.

Entradas relacionadas
Down Vigo participa no Campus Oportunidades para a Inclusión 2021 de Down España
5 Febreiro, 2021
Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
20 Xaneiro, 2021
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
O atleta Marcos Groba e o equipo Taninos Runners Ponteareas doan 625 euros a Down Vigo
6 Novembro, 2020
Down Vigo e a empresa de automoción Magna Seating asinan un convenio de colaboración para facilitar a inclusión laboral do colectivo
29 Outubro, 2020
Down Vigo entrega á ONG Bicos de Papel a cantidade recadada grazas ao Proxecto Xx
23 Setembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade