Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A promoción da autonomía das persoas coa síndrome de Down precisa dun cambio de mentalidade a nivel social e profesional

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A promoción da autonomía das persoas coa síndrome de Down precisa dun cambio de mentalidade a nivel social e profesional

14 Febreiro, 2014

» A promoción da autonomía das persoas coa síndrome de Down precisa dun cambio de mentalidade a nivel social e profesional

Esta é unha das principais conclusións acadadas na xornada de formación dirixida ao equipo profesional de Down Galicia, co obxectivo de facilitar a promoción efectiva da autonomía e da autodeterminación das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. Esta acción formativa foi impartida por Fausto García Rey, director de recursos de relacións internas na Asociación Bata e formador de referencia en Procesos de Planificación Persoal, e contou coa participación de preto de 35 profesionais das sete entidades Down membro da Federación autonómica. Entre os aspectos tratados na formación, abordouse o papel que xoga o sistema de crenzas e estereotipos do círculo persoal e social das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, en relación á súa emancipación e vida independente. Neste sentido, traballouse na identificación de medos, obstáculos e actitudes de sobreprotección que concorren no círculo próximo das persoas con discapacidade intelectual, desde a súa propia familia, os equipos profesionais das entidades Down,  e os demais axentes sociais da súa comunidade. A partires desta análise, profundouse na necesidade de xerar experiencias e oportunidades de emancipación e independencia, de fortalecer ás persoas e de desenvolver as súas competencias. Entre as ferramentas clave á hora de potenciar a súa autodeterminación incidiuse na necesidade de involucrar ás persoas con discapacidade intelectual en situacións nas que deban elixir, tomar decisións, planear obxectivos, resolver problemas, defenderse e ser máis independentes. Nesta formación tamén se traballou sobre experiencias reais, a través dunha conexión vía skype, con parte do equipo técnico da Rede de Vivendas de Bata, que explicaron os recursos empregados e o funcionamento das mesmas.

Entradas relacionadas

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}