Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Clausura do programa de prácticas de BBVA

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Clausura do programa de prácticas de BBVA

18 Febreiro, 2014

» Clausura do programa de prácticas de BBVA

David Conde, director comercial da Territorial Noroeste de BBVA; e Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia; entregaron os diplomas certificativos do programa de prácticas formativas de BBVA aos 33 membros da Federación Down Galicia que participaron ao longo de 2013 nesta iniciativa, cuxo obxectivo é promover a inclusión socio-laboral das persoas con discapacidade. Grazas a esta iniciativa pioneira en España, os mozos e mozas coa síndrome de Down participantes adquiriron unha experiencia laboral que lles axudará no proceso de busca de emprego, ademais de mellorar as súas habilidades sociais para a súa integración en diferentes equipos de traballo. A entrega de diplomas celebrouse no Parador de Santiago de Compostela e contou coa presenza de Reyes Leis, primeira tenente de alcalde do Concello de Santiago. “En BBVA sentímonos especialmente orgullosos desta iniciativa, impulsada pola Oficina de Voluntarios do Banco, porque supón un claro exemplo do noso firme compromiso coa sociedades nas que estamos presentes e en especial coa sociedade galega. En BBVA  traballamos por un futuro mellor para as persoas, e cremos firmemente en que se é posible, está feito; e se é imposible, faremos”, apuntou David Conde. Pola súa parte, o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, agradeceu a BBVA “a oportunidade non só para adquirir novos coñecementos e destrezas, senón para visibilizar as capacidades das persoas coa síndrome de Down á hora de desempeñar un posto de traballo que ata fai uns anos era impensable que puidesen realizar”, ao tempo que aproveitou para felicitar a todos os participantes “polo rendemento que demostraron no exercicio das súas tarefas” Ao longo do 2013, os 33 membros de Down Galicia traballaron en sesións de catro horas diarias durante un período de un ou dous meses cada un, en actividades administrativas: arquivo e destrución de documentos, fotocopiar expedientes e documentacións diversas, ordenar fichas de sinaturas, arquivo de contratos e documentación xerada no día e tratamento de recibos, entre outras funcións. Neste sentido, Lara Gómez, unha das mozas participantes no programa que interveu no nome dos seus compañeiros e compañeiras destacou a implicación da plantilla de traballadores de BBVA. “Todos os compañeiros de traballo portáronse moi ben con nós e ensináronnos como facer as tarefas no posto” manifestou, para a continuación agradecer a oportunidade de “mostrar as nosas capacidades”.  

Entradas relacionadas

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}