Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

O Terceiro Sector de Acción Social galego reúnese coa Conselleira de Traballo e Benestar

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Terceiro Sector de Acción Social galego reúnese coa Conselleira de Traballo e Benestar

28 Febreiro, 2014

» O Terceiro Sector de Acción Social galego reúnese coa Conselleira de Traballo e Benestar

Representantes da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia) mantiveron un encontro coa Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, para analizar a situación de temas como a Lei de Inclusión, a xestión dos Fondos Estruturais 2014 – 2020, e a inclusión de cláusulas sociais na contratación pública de servizos sociais. Sobre este último asunto, EAPN-Galicia pediulle á conselleira que seguindo a futura directiva europea de contratación pública, se comecen a incluír nos contratos públicos cláusulas sociais, para que as entidades non lucrativas do Terceiro Sector poidan concorrer en igualdade de condicións a esta contratación. Lémbranlle a Mato que as  organizacións non gobernamentais, polo seu traballo directo coas persoas, son as que mellor coñecen as necesidades e os apoios que deben prestarse, polo que debe aproveitarse este coñecemento para conseguir unha actuación realmente eficaz e eficiente baseada na calidade dos servizos. O presidente de EAPN-Galicia, David Silva, engadiu que deste xeito “foméntase a inclusión sociolaboral das persoas e colectivos máis vulnerables da sociedade”. Neste senso, a conselleira comprometeuse a falar co presidente da Xunta e coas Consellerías de Sanidade e Educación para intentar modificar esta situación. Respecto á Lei de Inclusión, desde EAPN-Galicia fan unha valoración positiva, xa que se incorporaron moitas das súas demandas, pero pídenlle á Xunta que ‘non quede en papel mollado’ e que realmente sexa un instrumento útil para loitar contra a pobreza. Desde a Rede amosan a súa preocupación polo aumento da pobreza e a exclusión (case 640.000 persoas en Galicia) e piden que se destinen máis recursos e profesionais á aplicación desta Lei. “Uns recursos o máis próximos posible aos cidadáns que teñan como obxectivo o apoio e asesoramento necesarios para que as persoas poidan comezar un proceso de inclusión e atopen un emprego. Que non quede en  axudas materiais puntuais”, explica Silva, “porque o noso obxectivo non é subvencionar ás persoas pobres, senón erradicar a pobreza e a desigualdade”. Xa por último, na xuntanza tamén se falou sobre o deseño, xestión e control dos Fondos Comunitarios da Unión Europea de cara ao período 2014-2020. Desde EAPN-Galicia, como representantes de 125 entidades do terceiro sector de Galicia, demándanlle á Xunta estar presentes neste organismo de coordinación, co obxectivo de que os fondos europeos sirvan para lograr a redución da pobreza e a exclusión social que marca Bruxelas na súa Estratexia 2020. Unha idea que comparte Beatriz Mato e que lle trasladará tamén á Conselleira de Facenda. A Rede pon como exemplo Castela La Mancha ou Canarias, onde os gobernos incluíron xa na comisión as súas EAPN autonómicas. Para David Silva, “só dende o diálogo, o intercambio de experiencias ou coñecementos e a transparencia podemos conseguir que a inclusión social e a loita contra a pobreza sexa a prioridade de todos e todas e ser un referente de xestión”.

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
25 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
Down Galicia desenvolve 17 proxectos neste 2022 grazas ás persoas que marcaron o X solidario
7 Abril, 2022
Down Galicia e ACDgal alíanse para promover o envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
5 Abril, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}