Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN E GALA XX ANIVERSARIO TEIMA

Traballamos

Medramos

Aprendemos

DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN E GALA XX ANIVERSARIO TEIMA

10 Marzo, 2014

» DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN E GALA XX ANIVERSARIO TEIMA

O Auditorio de Ferrol, acollerá o 21 de marzo a partir das 19:00 horas, os actos do Día Internacional da Síndrome de Down e a Gala do XX aniversario da Asociación para a síndrome de Down de Ferrol “Teima”.  Nesta edición entregaranse os primeiros I Premios Down Galicia, co obxecto de recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares. Acto institucional Neste Día Mundial, as verdadeiras protagonistas serán as persoas coa síndrome de Down, que se farán cargo da presentación do acto e farán oír a súa voz a través da lectura do Manifesto pola Autonomía Persoal . Serán as as encargadas, ademais, de entregar os Premios Down Galicia que, nesta primeira edición recaen en María Ferreiro, a primeira xerente de Down Galicia, na categoría de persoa individual; e en Alcampo Ferrol, pola súa aposta pola inclusión laboral das persoas con discapacidade, na categoría institucional. No acto tamén intervirán o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela,  a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato Otero e os presidentes de “Teima”, Patricia Serantes Castro, e de Down Galicia, Delmiro Prieto González. Gala aniversario A continuación, e para  celebrar o XX aniversario de Teima, a xornalista Belén Baños e o showman Pepe Capelán, acompañados por mozos e mozas de Teima, presentarán unha gala musical. Entre os artistas convidados destacan  Rosa Cedrón, Pulpiño Biascón, Cristina Cachaldora, Dance Fusión, Dani Rios, Débora Silva, Enrique Ramil, Shakti Danza, Tita Lijo e Xavier Lorenzo. Exposición O hall do Auditorio acollerá a exposición da liña de roupa e xoias deseñada por mozos e mozas de Down Vigo en colaboración co grupo de deseñadores La Boîte Is. Trátase dunha iniciativa de sensibilización na que as persoas participantes demostran o seu talento e capacidade de traballo dando forma  a unha colección cun forte sentido do estético, práctica e divertida . Ademais das prendas e das xoias, tamén se poderá coñecer como foi o proceso creativo a través dunha exhibición fotográfica. A entrada  a este evento será gratuíta. Enderezo: Auditorio Municipal de Ferrol. Barrio de Caranza. Rúa Tejereas. COMO CHEGAR Para consultar o programa completo prema aquí.

Entradas relacionadas

25 persoas das entidades de Down Galicia realizan prácticas laborais na Xunta de Galicia a través de Política Social e Xuventude
4 Decembro, 2023
A Consellería de Política Social e Xuventude financia o mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
1 Decembro, 2023
Máis de 500 persoas recibiron formación no programa integrado para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables no que participou a Federación
15 Novembro, 2023
Máis de mil cincocentas accións desenvoltas no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que atende a 249 persoas demandantes
24 Outubro, 2023
O proxecto de apoio á vida independente de Teima recibe o Premio Solidario “Cidade de Ferrol”
18 Outubro, 2023
Down Galicia organiza a primeira xuntanza autonómica de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
2 Outubro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}