DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

O 48% da cidadanía galega non marca o recadro de Fins Sociais na declaración da Renda

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» O 48% da cidadanía galega non marca o recadro de Fins Sociais na declaración da Renda

Este ano, o recadro de Fins Sociais pasa a chamarse cadro de Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social. As entidades do terceiro sector galego representadas por EAPN-Galicia, CERMI-Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, fixeron balance esta mañá das cifras recadadas o ano pasado mediante a asignación do 0’7% do IRPF a fins sociais. Así mesmo, tamén presentaron a campaña deste ano co obxectivo de que a cidadanía marque o recadro de Fins Sociais. Neste senso, a vicepresidenta de EAPN-Galicia, Mónica Permuy, explicou que “cando se fai a declaración da renda existen catro posibilidades: marcar o recadro de ‘fins sociais’, marcar o recadro de ‘fins sociais’ e o da ‘Igrexa Católica’, marcar só o cadro da ‘Igrexa Católica’ou non marcar ningún recadro”. No caso de marcar os dous recadros os cartos non se dividen, senón que se multiplican por dous, pero Permuy fixo fincapé na idea de que “ elixir que queres que se faga cos teus cartos é un dereito, que non todo o mundo pon en práctica”. Ademais, a vicepresidenta de EAPN-Galicia tamén quixo aclarar que cando se marca un recadro os contribuíntes non pagan máis impostos e tampouco lles devolven menos. “Do que hai que pagar na Declaración do IRPF o Estado saca un 0’7% para que ti decidas en que se vai gastar”, concluíu. Pola súa banda, o presidente do CERMI-Galicia, Anxo Queiruga; explicou que os 14.427.225 euros recadados o ano pasado son repartidos entre as organizacións sociais polo que, “son un importante instrumento de política social para a loita contra a exclusión social”. Ademais disto, o presidente do CERMI-Galicia aclarou que “existe unha total transparencia por parte das ONG á hora de xestionar os proxectos que se realizan e que non se destinan ás estruturas das entidades”. Ademais tamén se criticou que o Ministerio decidira no último momento cambiar o nome do recadro de Fins Sociais que agora pasa a chamarse cadro de ‘Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social’. Lorena Seijo, membro da Coordinadora Galega de ONGD, realizou un balance das cifras acadadas o ano pasado mediante o recadro de “Fins Sociais”. En concreto, Seijo apuntou que “grazas a solidariedade das persoas que destinaron o 0’7% dos seus impostos a esta finalidade obtivéronse 14.427.225” pero engadiu que, “se ese 48% de persoas que só marcan a Igrexa ou que non marcan ningún recadro apostara polo X Solidario, a cifra aumentaría en case 12.000.000 de euros”.“Hai 604.494 galegos que non marcan o recadro de Fins Sociais, un xesto que non custa nada, e por eles e para eles vai esta campaña” subliñou Lorena Seijo.

Entradas relacionadas
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade