Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A Fundación Solidaridad Carrefour apoia a inclusión escolar

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Fundación Solidaridad Carrefour apoia a inclusión escolar

14 Abril, 2014

» A Fundación Solidaridad Carrefour apoia a inclusión escolar

A Fundación Solidaridad Carrefour, no marco da “XI Convocatoria de Ayudas”, donou 30.000 euros a Down Galicia para o desenvolvemento dun programa de apoio á inclusión escolar de alumnos coa síndrome de Down. Down Galicia é unha das seis entidades seleccionadas este ano para recibir esta axuda. Membros do Padroado da Fundación Solidaridad Carrefour fixeron entrega dun cheque por valor da cantidade doada, nun acto celebrado en Madrid. O obxectivo principal deste proxecto é dispoñer de aulas interactivas completas e funcionais para utilizalas como ferramenta audiovisual nos procesos de ensinanza e aprendizaxe das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. En total, 186 nenos e mozos de entre tres y 18 anos de toda Galicia serán os beneficiarios directos deste programa. As aulas interactivas baséanse na necesidade de aplicar estratexias educativas que se desenvolvan en formato visual e permitan interactuar ao alumnado, xerando maior recepción e interese por parte do colectivo de persoas con discapacidade intelectual. Deste xeito, mellóranse os procesos de ensinanza e aprendizaxe e o desenvolvemento cognitivo do alumnos. Ditas aulas utilizan dispositivos tecnolóxicos con conexión a Internet e estacións de traballo individuais, que favorecen unha atención personalizada, centrada no usuario, no traballo en equipo e na aprendizaxe cooperativa e significativa. O uso do ordenador e dos medios audiovisuais facilita a individualización da intervención educativa, xa que permite adaptarse ás características persoais, debido a que este material ofrece gran versatilidade e flexibilidade, ademais de contrarrestar as dificultades de motivación e fatiga. Os alumnos coa síndrome de Down aprenden mellor con estratexias metodolóxicas axustadas ao seu estilo de aprendizaxe. Está demostrado que lles resulta más sinxelo aprender se a información lles chega por medio da vista que a través do oído, o que lles permite superar as dificultades que soen presentar á hora de xeneralizar, clasificar, comprender conceptos, memorizar ou desenvolver o razoamento matemático. 

Entradas relacionadas

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}