Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Juan Carlos e Álex cumpren o seu desexo de coñecer a Vicente del Bosque

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Juan Carlos e Álex cumpren o seu desexo de coñecer a Vicente del Bosque

16 Abril, 2014

» Juan Carlos e Álex cumpren o seu desexo de coñecer a Vicente del Bosque

Coñecer ao seleccionador español de fútbol, Vicente del Bosque, era un dos soños dos mozos da Fundación Down Compostela, Juan Carlos Castiñeiras e Alex Lado. Conseguíreno grazas ao programa “Desexos cumpridos” da Televisión de Galicia, cuxa finalidade é cumprir algúns dos soños dos convidados ao espazo televisivo. Encontráronse con Del Bosque na Ciudad del Futbol de Las Rozas, lugar de adestramento e concentración da selección nacional de fútbol. Alí, os dous mozos puideron compartir co seleccionador unha distendida conversa sobre fútbol, na que o preparador nacional lles detallou algúns dos segredos para que a selección se  proclamara campioa do mundo e de Europa de forma consecutiva. Durante a conversa, Juan Carlos e Álex comentaron a Del Bosque cales son os seus xogadores favoritos, e incluso fixeron apostas sobre quen serían os convocados polo técnico para o próximo mundial de fútbol que terá lugar en Brasil este verán. Os mozos tamén tiveron a oportunidade de intercambiar uns pases co seleccionador, quen se mostrou moi interesado en ver en directo como realizaban lanzamentos a porta. Futbolistas e cafeteiros A iniciativa para que os dous mozos viaxasen ata a capital para coñecer a Del Bosque partiu da empresa Cafento, que contactou co programa despois de ter participado no II Campionato de Baristas Down de Galicia, con mozos e mozas de Down Compostela e de Down Vigo. Esta é unha iniciativa singular no mundo, xa que se trata do único campionato desta especialidade dirixido a persoas con trisomía 21 e que tivo gran repercusión en numerosos países. Juan Carlos e Álex estiveron entre os gañadores de dita competición, e por iso foron os seleccionados por Cafento para facer o seu soño realidade. Antes de viaxar a Madrid, Juan Carlos e Álex participaron no plató do programa Desexos Cumpridos. Acompañados polo que foi o seu monitor durante os cursos de formación, Diego López, os dous mozos demostraron ante as cámaras de TVG as súas habilidades como baristas e non dubidaron en preparar un expreso. Na súa visita ao Plató 1000, onde se gravou o último programa da tempada de Desexos Cumpridos, Juan Carlos e Ález coincidiron co afamado restaurador galego Pepe Solla (unha estrela Michelín), que estaba contribuíndo a cumprir o soño de María e Carlos, dous estudantes de cociña no Instituto Lamas de Abade de Santiago.

Entradas relacionadas

O grupo de teatro de Down Compostela presenta este venres a comedia ‘A pantalla máxica’ no Teatro Principal
15 Xuño, 2023
Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais
19 Xaneiro, 2023
SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}