Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

EAPN chama a votar o 25M para que non se desmantele o modelo social europeo

Traballamos

Medramos

Aprendemos

EAPN chama a votar o 25M para que non se desmantele o modelo social europeo

21 Abril, 2014

» EAPN chama a votar o 25M para que non se desmantele o modelo social europeo

As 125 entidades que integran EAPN-Galicia presentaron esta mañá a campaña “Elección de lideres para unha Europa Social. Libre de pobreza, exclusión social e desigualdades” que organizan con motivo das eleccións europeas do vindeiro 25 de maio. Unha iniciativa que se realiza tamén a nivel estatal e europeo e coa que pretenden animar á cidadanía a que exerza o seu dereito a voto. Tal e como lembra o  presidente de EAPN-Galicia, David Silva, “o 80% das decisións que nos afectan proceden de Europa así que, se queremos unha Europa que defenda o modelo social, a igualdade, a erradicación da pobreza e a defensa dos nosos dereitos teremos que votar e reivindicar o que queremos”. Neste senso, Silva apunta que “é máis necesario ca nunca situar no centro da axenda política a loita contra a pobreza e a desigualdade porque en Galicia son máis de 653.000 as persoas que viven en risco de pobreza ou exclusión social. Por moito que se fale de ‘recuperación económica’ a cidadanía non percibe síntomas de mellora e aínda vai tardar moito en aprecialos”. Para iso, desde EAPN-Galicia xunto a outras organizacións de toda Europa propóñenlles aos candidatos dos diferentes partidos políticos un decálogo de medidas no que se asegure a loita polos dereitos sociais e no que a loita contra a pobreza, a exclusión social, a desigualdade e a discriminación se sitúe no centro da axenda política. Para o presidente de EAPN Galicia, a Unión Europea proporciona instrumentos para acadar estes obxectivos. “Para este período 2014-2020, Galicia recibirá de xeito directo 2.101 millóns de euros procedentes dos distintos fondos, aos que haberá que engadir o que reciba a través do estado.  Agora tócalle a cada goberno executar as ferramentas necesarias para logralo en materia de loita contra a pobreza e a exclusión social, algo que non sempre se fai”. En concreto, desde a entidade reclaman que se cumpra a normativa que establece que do Fondo Social Europeo, o estado español debería destinar un 20% a medidas para a erradicación da pobreza e da exclusión social. No Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento  Rural (FEADER) tamén se establece como prioridade a loita contra a pobreza e a exclusión social. EAPN Galicia reclama que se destine un mínimo do 10% de cada unha das partidas a programas e equipamentos de inclusión social activa e accesibilidade, especialmente no eido rural e primando ao sector non lucrativo e a contratación de persoas en risco de pobreza ou exclusión social . “Para este período 2014-2020 estamos falando de que como mínimo máis de 241 millóns de euros ‘deben’ e ‘teñen’ que destinarse a reducir as taxas de pobreza, de exclusión, de desigualdade, etc. de xeito eficaz e eficiente”, destacou David Silva. Silva engadiu que estas reclamacións e outras 72 propostas que teñen van ser trasladadas aos candidatos dos partidos políticos cos que se van reunir nas vindeiras semanas. Decálogo de propostas ás eleccións europeas

Entradas relacionadas

Máis de 500 persoas recibiron formación no programa integrado para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables no que participou a Federación
15 Novembro, 2023
Máis de mil cincocentas accións desenvoltas no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que atende a 249 persoas demandantes
24 Outubro, 2023
Down Galicia organiza a primeira xuntanza autonómica de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
2 Outubro, 2023
Down Galicia lanza unha actualización da súa guía con normas e recomendacións sobre lectura fácil
27 Setembro, 2023
Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}