DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Ruth Ramos, viguesa coa Síndrome de Down, incorpórase á Xunta Directiva de Down España

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Ruth Ramos, viguesa coa Síndrome de Down, incorpórase á Xunta Directiva de Down España

A Federación Down España incorporou por primeira vez á súa Xunta Directiva unha persoa con trisomía 21. A viguesa de 33 anos Ruth Ramos Núñez, que forma parte da Asociación Down Vigo, é a nova vogal da directiva da Federación estatal. “Síntome moi orgullosa de poder representar nesta Xunta Directiva a todas as persoas coa síndrome de Down, e é para min unha gran responsabilidade”, asegurou Ruth Ramos na súa intervención ante a Asemblea. Expendedora dunha gasolineira de Repsol en Bouzas (Vigo), Ruth Ramos reclamou o dereito que teñen as persoas coa síndrome de Down a traballar e a ter unha vida independente. “Aos empresarios pídolles que perdan o medo a contratarnos, porque somos bos traballadores e bos compañeiros”, afirmou esta viguesa. “Ás familias pídolles que nos escoiten e que nos deixen tomar as nosas propias decisións”, engadiu, para asegurar que “a vida independente é unha meta para cada un de nós. Pídovos que nos acompañedes nesta viaxe”. Ruth Ramos concluíu a súa intervención mostrándose orgullosa de representar ás persoas coa síndrome de ás que poderi coñecer a partir de agora”. A Xunta Directiva está composta polo cordobés Fabián Cámara, que continua como presidente de Down España, acompañado por Juana Zarzuela (vicepresidenta 1ª), Mª Ángeles Agudo (vicepresidenta 2ª), Pilar Sanjuán (secretaria), Juan Martínez de Down Compostela(tesoureiro) e os vogais Ruth Ramos, Mateo Sansegundo, Nieves Doz, Francisco Muñoz, Diego González. Como suplentes deste equipo figuran Manuel Velázquez, Marcelina de la Vega e María del Mar Rodríguez. A educación inclusiva e o Tribunal Constitucional Ante as recentes decisións do Tribunal Constitucional con relación ás demandas de elección dunha educación inclusiva para os seus fillos por parte das familias de persoas coa síndrome de Down, e preocupados pola carencia de políticas educativas en España de fomento da inclusión, derivadas da LOMCE, a Asemblea Xeral de Down España quixo poñer de manifesto:

  1. O seu rexeitamento ante a aplicación da nova Lei de Educación, e ante as recentes sentencias emitidas polo Tribunal Constitucional.
  2. A súa preocupación por constatar a falta de valentía e dunha visión a favor da sociedade inclusiva que reflectiu o máximo organismo constitucional.
  3. O seu abatemento por comprobar que se pechan portas ao impulso e fomento da inclusión educativa no noso país.
  4. A súa inquietude pola posibilidade de que se estenda a idea de que a inclusión educativa é algo graciable ou dependente dos recursos dispoñibles, cando Down España entende que se trata da aplicación dun mandato constitucional, xa que o noso país está obrigado a aplicar as convencións de dereitos humanos que ten ratificados. E neste caso, ademais, de cumprir cos mandatos reflectidos na Convención Internacional sobre los Derechos de las Personas con Discapacidad que España asinou no 2008.
Entradas relacionadas
Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
14 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias
29 Decembro, 2020
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
Down España lanza a aplicación de saúde para persoas coa síndrome de Down ‘Salud Down’
11 Decembro, 2020
Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá
10 Decembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
  • Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
  • Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade