Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Preto do 80% das persoas usuarias do programa de emprego de Down Galicia tivo unha oportunidade laboral no 2013

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Preto do 80% das persoas usuarias do programa de emprego de Down Galicia tivo unha oportunidade laboral no 2013

5 Maio, 2014

» Preto do 80% das persoas usuarias do programa de emprego de Down Galicia tivo unha oportunidade laboral no 2013

No pasado exercicio 2013, un total de 118 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual contaron polo menos cun contrato de traballo ou cunha práctica laboral. Este dato supón que o 77,63% das persoas usuarias do programa de emprego con apoio das entidades Down en Galicia tivo acceso a un posto de traballo nese período. Sen embargo, o principal escollo para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual segue a ser a inestabilidade e a temporalidade nas contratacións. Así, no ano 2013 no marco do programa de emprego con apoio, asináronse un total de 160 contratos e 31 prácticas laborais –aos que accederon estas 118 persoas- o que pon de manifesto a curta duración das contratacións en moitos dos casos. Aínda que con respecto ao ano 2013 se incrementa nun 11,02% o número de persoas que consiguen un contrato ou práctica laboral, o acceso a un posto de traballo de forma normalizada segue a ser un dos grandes retos das entidades que traballan a prol da inclusión laboral na empresa ordinaria. Campaña de concienciación Co obxectivo de concienciar á sociedade sobre o dereito a traballar das persoas coa síndrome de Down, a Federación Down España en colaboración coa Fundación Vodafone e a Fundación Atlético de Madrid, lanzou con motivo do Día Internacional do Traballo, a campaña “Yo me prep@ro”. O vídeo da campaña está protagonizado por  Filipe Luis, defensa titular do Atlético de Madrid, e por Pablo, un mozo coa síndrome de Down. Xuntos, piden oportunidades laborais para o colectivo de persoas coa síndrome de Down. Trátase de chamar a atención ante a escaseza de oportunidades coa que se encontran as persoas coa síndrome de Down no seu acceso ao mundo laboral e poñer en valor o seu esforzo e valía. “Yo estoy preparado” –afirma Pablo no spot, “¿Lo estás tú?- conclúe Filipe Luis, en alusión a que a sociedade debe dar unha oportunidade laboral a todas as persoas.      Vídeo “Yo me prep@ro”

Entradas relacionadas

Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}