Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O CERMI-Galicia comparece na Comisión de Discapacidade do Parlamento

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O CERMI-Galicia comparece na Comisión de Discapacidade do Parlamento

26 Maio, 2014

» O CERMI-Galicia comparece na Comisión de Discapacidade do Parlamento

O presidente do Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade en Galicia (CERMI Galicia), Anxo Queiruga Vila, compareceu esta mañá no Parlamento de Galicia con motivo da inauguración da Comisión non permanente de seguimento das políticas relativas á Discapacidade e elaboración de novas propostas a prol da integración das persoas con Discapacidade. O presidente do CERMI Galicia estivo acompañado da entidade Cogami. Esta comparecencia será a primeira das nove entidades restantes que integran o CERMI Galicia na actualidade: Fademga-Feaps, Faxpg, Once, Feafes Galicia, Down Galicia, Autismo Galicia, Fegadace, Fagal e Aspace Galicia. As comparecencias levaranse a cabo ao longo dos próximos meses e, en cada unha delas, a entidade membro representada polo seu presidente debullará as problemáticas que afectan ás Discapacidades que atenden nas súas Federacións. Nesta ocasión, o presidente do CERMI Galicia expuxo as políticas e maiores preocupacións que transversalmente afectan ao sector da Discapacidade na Comunidade. Entre outras, a falta de seguridade nas liñas de financiamento das entidades para os próximos anos, o risco de retrocesos nas políticas de discapacidade pola situación económica, o perigo manifesto de exclusión social do colectivo, a necesidade dun cambio nas políticas de emprego, e o recoñecemento das persoas con discapacidade como cidadáns de pleno dereito. Ademais, tamén se referiu á falta de accesibilidade en infraestruturas e comunicacións, ao incremento dos gastos en materia socio sanitaria para as persoas con discapacidade e á falta de coordinación das administracións e os prexuízos que isto causa ás persoas afectadas e ás súas familias, así como aos interrogantes do sector de cara á implantación eminente da LOMCE, e a plena inclusión educativa dos nenos e nenas con discapacidade conforme ao recollido na Convención da ONU.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}