DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Os mozos e mozas de Down Compostela elixen a Elías Ledo para representalos no Padroado da Fundación

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Os mozos e mozas de Down Compostela elixen a Elías Ledo para representalos no Padroado da Fundación

Elías Ledo Fernández, con 17 votos, foi o gañador das eleccións convocadas entre os mozos e mozas maiores de idade de Down Compostela para representar ás persoas con discapacidade no Padroado da Fundación. Nos comicios participaron outros dous candidatos: Adrián Cutrín, que conseguiu 14 votos, e Yone Zas, que logrou 10. Os tres aspirantes coincidiron en reclamar máis oportunidades laborais para as persoas con discapacidade e máis actividades de ocio. A xornada contou cunha masiva participación: máis do 80% dos mozos e mozas con dereito a voto acudiu ás eleccións, nas que era imprescindible presentar o DNI. Ademais de permitir ás persoas con discapacidade elixir libremente ao seu representante no Padroado da Fundación Down Compostela, a iniciativa tiña como obxectivo familiarizar os mozos e mozas cun proceso electoral normal, xa que as normas establecidas eran moi similares ás que regulan os comicios municipais, autonómicos, nacionais ou europeos. Só podían votar maiores de 18 anos que acoden á Fundación e tiñan que presentar o seu DNI na mesa na que lle correspondía depositar o voto. Un mes antes da xornada electoral abriuse o prazo para que aqueles mozos e mozas interesados puidesen presentar a súa candidatura. Finalmente, foron Elías Ledo, Adrián Cutrín e Yone Zas. Adrián escolleu como lema electoral “Porque te lo mereces”; Elías elixiu “Para que se escuche tu voz” e Yone optou por “Caminando juntos”. Durante catro semanas os tres candidatos foron explicando as súas propostas ao resto de compañeiros e colocando os seus carteis electorais en diferentes espazos da Fundación. O día das eleccións, os tres candidatos tiveron que pronunciar un discurso, no que recolleron as súas propostas. Yone Zas comprometeuse a “aportar novas ideas para conseguir postos de traballo” e a propoñer ao Padroado a “creación dunha pequena empresa na Fundación”, promover “as nosas habilidades nos medios de comunicación” e máis plans de ocio, “excursións e saídas”. Adrián Cutrín, pola súa parte, propuxo crear un “equipo de mantemento de xardinería” para que se ocupe do coidado do xardín da Fundación e“realizar viaxes formativos” relacionados cos cursos que se estean impartindo. Realizar máis actividades ao aire libre e crear un equipo mixto de fútbol sala para fomentar o deporte foron outras das propostas de Adrián. Elías Ledo pediu “máis apoios para vivir de forma autónoma e independente nun piso” para demostrar “que podemos vivir sos”. O emprego foi outra das súas propostas. “Vou pedir que nos ofrezan máis postos de traballo, que nos apoien a Xunta, o Concello, a Universidade e a Cámara de Comercio. Porque todos queremos traballar. Traballar permítenos ser máis independentes”, asegurou Elías. As actividades que fomenten o exercicio físico e máis saídas foron outras das súas propostas.  

Entradas relacionadas
O Presidente da Deputación de A Coruña visita a sede de Down Compostela para coñecer as principais demandas da Fundación
13 Outubro, 2020
Carlota e Down Compostela poñen o broche de ouro á primeira tempada de ‘Hasta la vista’
8 Outubro, 2020
O Concello de Santiago financia o programa ‘Isto é vida’ de Down Compostela
11 Setembro, 2020
Celebrada una nueva edición del Campeonato de Baristas Down de Galicia
9 Marzo, 2020
A doutora Mª José Fernández Seara, Xurxo Martiño e Emetel Sistemas, Premios Down Compostela 2020
6 Marzo, 2020
Risas, aplausos e moita música na estrea da nova obra do Grupo de teatro Down Compostela
11 Xuño, 2019
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade