Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia demanda que non se restrinxa a accesibilidade das persoas con dificultades á FP Básica

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia demanda que non se restrinxa a accesibilidade das persoas con dificultades á FP Básica

4 Xuño, 2014

» Down Galicia demanda que non se restrinxa a accesibilidade das persoas con dificultades á FP Básica

Down Galicia, como entidade representativa dun colectivo que leva máis de 15 anos loitando pola inclusión educativa de todas as persoas, vén de presentar unha serie de achegas ao borrador do decreto que regula a Formación Profesional Básica. As achegas refírense, fundamentalmente, á necesidade de que dito decreto recolla todas as medidas precisas para garantir que as persoas con dificultades de aprendizaxe non queden excluídas do sistema educativo ordinario. Unha circunstancia que se contempla na normativa internacional, nomeadamente na Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade aprobado pola ONU, a cal se adheriu o Estado español no ano 2008. O Decreto polo que se regulan os aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas da formación profesional dos sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos” será o decreto que regula as ensinanzas que substitúen aos programas de cualificación profesional inicial (PCPI), deseñados para aquel alumnado ao que lle custa obter o título da ESO. Principais achegas de Down Galicia ao borrador do decreto 1. Nos requisitos de acceso a FP Básica deben contemplarse as particularidades das persoas con necesidades educativas especiais (atendendo ao artº 23 R.D. Legislativo 1/2013 do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido de la Ley General de derechos de las personas con discapacidad y de su inclusión social”), tal que;

  • Non contemplar a idade como requisito de acceso ou establecelo coa máxima flexibilidade posible; os/as alumnos/as con necesidades educativas especiais (NEE) polo seu proceso de aprendizaxe e adquisición de coñecementos máis lento, por norma xeral rematan a ESO entre os 16 e 22 anos, polo que para garantír o seu dereito de acceso á FP Básica non se debería establecer tope máximo de idade para o acceso.
  • Non contemplar como requisito de acceso a esixencia de ter cursado o 1º ciclo da ESO (1º, 2º e 3º ESO)

2. Requisitos de acceso; a nivel xeral para todo o alumnado de Galicia (teñan ou non NEE) proponse abrir a oferta de FP Básica sen límite máximo de idade, en réxime de adultos e oferta modular presencial (igual que existe nos ciclos de FP). Así ofreceríase a alternativa de acceder a un Título académico FP Básica, para adultos que quedan fóra dos estudos de Formación Profesional regrada porque non cumpren os requisitos de acceso a ciclos. 3. Aplicar as medidas de accesibilidade necesarias para o alumnado con NEE (artº 20 e 21 R.D. Legislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido de la Ley General de derechos de las personas con discapacidad y de su inclusión social”), entre as que como mínimo deben figurar;

  • Flexibilización dos cursos de FP Básica na liña do regulado nos PCPI. Resulta necesaria unha flexibilización de cursos, contidos, materiais e actividades adaptándose plenamente ás necesidades do alumnado con NEE. Adaptacións de contidos, materiais, actividades,.. para aquel alumnado que o precise, sempre que se garanta a súa titulación e se axusten plenamente as adaptación ás necesidades do alumnado con NEE. Gran parte do alumnado con NEE, sen unha adaptación dos contidos, queda totalmente condenado ó fracaso, polo que se debe individualizar os obxectivos a conseguir con unha axeitada planificación e orientación. Ao mesmo tempo, debería incrementarse a duración da formación en centros de traballo (actualmente limitada a 130 h)
  • Lectura fácil; contemplar esta metodoloxía de redacción accesible para os contidos, a realización de probas,..
  • Profesorado de Apoio – Reforzo Educativo; que haxa profesorado de apoio debidamente cualificado, que entre as súas funcións teña a obriga de adaptar os contidos ás características específicas do seu alumnado, de realizar o seguimento dos aprendizaxes alcanzados e unha planificación clara dos obxectivos, e de proceder, coordinarse axeitadamente co resto de axentes que participan no plan de intervención do/a alumno/a con NEE (como por exemplo entidades de servizos sociais de atención a discapacidade)

4. Regular unha reserva de prazas para alumnos/as con NEE en cada especialidade; mínimo reserva de 2 prazas por curso, no caso dos cursos con maior demanda por parte de alumnado con NEE establecer una reserva mínima de 4 prazas por curso.

  • Garantir unha ratio de alumnos/as en aula que permita unha formación e capacitación efectiva e eficaz; máximo 12 alumnos/as curso na liña do regulado nos PCPI; o contemplar un número superior de alumnos/as dificulta a aprendizaxe e a inclusión do alumnado con NEE (artº 18 R.D. Legislativo 1/2013).

5. Garantir un oferta de FP Básica que dea cobertura ao amplo territorio de Galicia chegando as zonas rurais con nivel de poboación considerable demandante de dita formación ou conseguir uns medios de transporte axeitados no suposto de que as persoas con discapacidade non teñan outra opción que desprazarse para conseguir formarse (artº 23 R.D. Legislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido de la Ley General de derechos de las personas con discapacidad y de su inclusión social” ) 6. Que a FP Básica na modalidade A alcance todos os centros en función das familias profesionais que teñan. 7. Garantir a inclusión educativa; referente á Disposición Adicional cuarta do Decreto 127/2014; “Otros programas formativos de formación profesional para los alumnos y las alumnas con necesidades educativas específicas”, en base á Convención da ONU sobre os Dereitos das persoas con Discapacidade que España ratificou estando en vigor no noso país desde o 2008: tal como recolle no seu artigo 24; “asegurar un sistema de educación inclusivo a todos os niveis” é imprescindible garantir a inclusión educativa do alumnado con discapacidade no sistema educativo, polo que resulta determinante definir axeitadamente esta formación, así como a titulación que se vai a obter por parte do alumnado con NEE nestes programas. 8. Articulo 23 Decreto 127/2014; avaliación na FP Básica: permitir un prazo máximo de permanencia superior para o alumnado con NEE coa opción de repetir cada un dos cursos unha segunda vez, igual que nos PCPI que contemplaban 2 cursos + 2 flexibilizacións + 1 repetición por curso o que supón un total máximo de permanencia de 6 anos.  

Entradas relacionadas

Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}