DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down Ourense lanza unha campaña de crowdfunding para acondicionar parte das súas novas instalacións

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down Ourense lanza unha campaña de crowdfunding para acondicionar parte das súas novas instalacións

A Asociación Down Ourense acaba de lanzar unha campaña de crowdfunding para obter fondos para acondicionar parte das novas instalacións, ás que prevé trasladarse no último trimestre do ano. Os cartos recadados destinaranse a dotar as aulas de formación do mobiliario básico para continuar desenvolvendo a labor educativa e de aprendizaxe necesaria para que as persoas coa síndrome de Down poidan optar a un futuro de autonomía e independencia. A campaña estará activa na plataforma migranodearena.org ata finais de outubro, de forma que calquera persoa que o desexe poderá realizar a súa achega a través desta páxina. Neste sentido, a presidenta de Down Ourense, Mara Prieto indicou que “buscamos a solidariedade de aquelas persoas que desexan axudarnos a continuar co noso labor, asegurando a continuidade do noso proxecto e contribuíndo ao futuro do colectivo que representamos”. Down Ourense experimentou un importante crecemento nos últimos anos, tanto en número de persoas usuarias como en servizos e programas, polo que agora se ve na necesidade de trasladarse a unhas instalacións máis adecuadas. “As novas instalacións permitirannos seguir traballando para que as persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual poidan estudar, traballar e desenvolver o seu proxecto de vida en igualdade de condicións que o resto da sociedade” asegurou Mara Prieto durante a presentación da campaña. Para conseguir estes obxectivos, Down Ourense presta apoio en atención temperá, logopedia, reforzo escolar, formación e busca activa de emprego, inserción laboral na empresa ordinaria, e en programas de vida independente e emancipación do fogar familiar. As novas instalacións, que se prevé estean acondicionadas no outono, están s na zona de As Lagoas, nun baixo de 200 metros cadrados no que antes se situaba unha oficina de Caixanova. Ligazón á campaña de Down Ourense en migranodearena.org: http://www.migranodearena.org/es/reto/4059/aula-de-formacion-para-jovenes-con-sindrome-de-down/

Entradas relacionadas
Down Ourense revalida o Sello ONG Acreditada outorgado pola Fundación Lealtad
25 Xaneiro, 2021
Un mozo e unha moza de Down Ourense realizan prácticas na Universidade de Vigo
11 Marzo, 2020
Leroy Merlín incorpora á súa sección de ferraxería a un mozo de Down Ourense
17 Xaneiro, 2020
Down Ourense presenta a nova edición do seu calendario solidario
3 Decembro, 2019
Down Ourense e o CEIP Quiroga apostan pola inclusión educativa
12 Abril, 2019
Catro novos contratos para persoas usuarias de Down Ourense no primeiro trimestre do ano
2 Abril, 2019
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade