Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down España: “No Estado español estase negando un dereito fundamental a un neno coa síndrome de Down”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down España: “No Estado español estase negando un dereito fundamental a un neno coa síndrome de Down”

23 Xuño, 2014

» Down España: “No Estado español estase negando un dereito fundamental a un neno coa síndrome de Down”

A Federación española considera que a negación de educación inclusiva para Rubén, un neno coa síndrome de Down, é un claro exemplo de regresión no ámbito da inclusión e unha proba evidente da vulneración que sigue existindo en materia de dereitos fundamentais para as persoas con discapacidade en España. Por outra banda, que a Fiscalía impute aos pais un delito de abandono familiar por negarse a que o seu fillo sexa escolarizado nun centro de educación especial e por defender o seu dereito a unha educación inclusiva, é para a organización algo absolutamente inaceptable. Down España considera que o Estado español non está respectando a Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU que ratificou en 2008 e que recoñece no seu artigo 24 que “os Estados asegurarán un sistema de educación inclusivo a todos os niveis para as persoas con discapacidade”. Esta Convención foi aprobada por unanimidade polo Parlamento español e é de obrigado cumprimento ao ter rango de tratado xurídico internacional de Dereitos Humanos. A organización, que representa e defende os dereitos das 35.000 persoas coa síndrome de Down que viven en España, considera en palabras de su Presidente, José Fabián Cámara, que no caso de Rubén “se está cometendo unha grave inxustiza”. “No Estado español se está negando un dereito fundamental a un neno coa síndrome de Down e loitaremos ata o final para que a igualdade de oportunidades para as persoas coa síndrome de Down sexa una realidade”, manifesta. Cámara advirte que “este asunto transcende ao caso concreto pois trátase dunha loita pola defensa dun dereito fundamental dun neno coa síndrome de Down e por iso é de vital importancia para nós”. “Detrás de Rubén estamos moitísimas familias que nos vemos reflectidas nesta situación e que loitaremos para que os nosos fillos teñan os mesmos dereitos que os demais”, explica. A loita de Rubén por volver ao colexio Alejandro Calleja, pai do menor, leva tres años tratando de que o seu fillo poida acudir a un colexio ordinario. Rubén acudía desde pequeno a un colexio con alumnado sen discapacidade e estaba moi integrado. Ata que no ano 2009 o neno comezou a ter os primeiros problemas, pois o seu profesor titor non o aceptaba na clase. Foi entón cando a instancias dese mesmo profesor, se solicitou un informe que determinou que debería acudir a un centro de educación especial. Tanto a familia como o psicólogo Miguel Ángel Castañón, que atende a Rubén desde o seu nacemento, cuestionan estes informes técnicos. Ao final a Delegación Territorial de Educación de León decidiu, sen consultar aos pais, derivar a Rubén a un Centro de Educación Especial. Estes negáronse ao considerar “que nese centro o noso fillo ía sufrir unha regresión importante. Por iso Rubén leva tres años aprendendo na casa, porque non nos deron outra solución e porque queremos loitar polo dereito do noso fillo a estudar en inclusión”, explica seu pai. Un longo proceso xudicial que acaba en Estrasburgo A familia presentou batalla primeiro de palabra e despois por escrito ante a administración educativa e ante a xurisdición contenciosa. O Tribunal Superior de Justicia de Castilla y León admite na súa sentenza que efectivamente, a situación no centro non foi a adecuada ás necesidades do menor e que faltou colaboración por parte do profesorado. Fai pouco coñecíase a noticia que de que o Tribunal Constitucional pechou as portas ao caso, non admitindo a trámite o recurso dos pais de Rubén, que pedían que se garantise o dereito do seu fillo á educación inclusiva apelando aos artigos 27 e 14 da Constitución Española así como á citada Convención sobre os Dereitos para as Persoas con Discapacidade. O Alto Tribunal era o penúltimo chanzo nunha longa loita xudicial que comezou en León no ano 2011 e que nestes momentos se prepara para librar a súa última batalla na máxima autoridade xudicial para a garantía dos Dereitos Humanos e liberdades fundamentais en Europa, o Tribunal dos Dereitos Humanos de Estrasburgo. A esta Corte Europea, lévanse casos nos que se teñan esgotado sen éxito os recursos xudiciais dispoñibles nun Estado. Neste caso, os pais de Rubén presentarán unha denuncia contra o Reino de España por violación de dereitos fundamentais.  

Entradas relacionadas

Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
«Explicáronme que tiña síndrome de Down e entendín todo o que podía facer»
31 Marzo, 2022
Súmate ao movemento #GraciasPorTanto polo Día Mundial da Síndrome de Down -21M-
16 Marzo, 2022
#GraciasPorTanto, a campaña para o Día Mundial da Síndrome de Down homenaxe á sociedade
11 Marzo, 2022
Down España recada fondos para axudar a familias de persoas coa síndrome de Down de Ucraína
4 Marzo, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}