DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

As ONG galegas lémbralle a Abanca o seu compromiso do mantemento da acción social

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» As ONG galegas lémbralle a Abanca o seu compromiso do mantemento da acción social

EAPN-Galicia, a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento e o CERMI Galicia agardan que o banco que sucede as antigas caixas galegas non aposte pola desaparición dos orzamentos destinados á obra social. Desde as tres principais plataformas das ONG galegas xa se manifestara esta preocupación ao presidente da Xunta o pasado mes de novembro e aos propios directivos de Banesco e Banco Etcheverría. Daquela, a resposta fora un “compromiso cun investimento sociocultural firme,estable e sostible no tempo ” e que cando a nova xestión se fixera efectiva tería lugar unha xuntanza para coñecer de primeira man cales van ser as liñas mestras no referido á obra social. Agora, agárdase que esta xuntanza sexa convocada nas vindeiras semanas. Este compromiso supón unha razón para o optimismo, que se une ao feito concreto de asegurar un financiamento mínimo anual de 5 millóns de euros para a nova Fundación Galicia Obra Social, que deste xeito garante o seu futuro inmediato, tal e como se reclamaba desde o sector solidario galego. De todos os xeitos, estas mesmas entidades lamentan que no padroado da Fundación Galicia Obra Social non estea prevista a presenza de representantes do Terceiro Sector organizado galego, o que melloraría substancialmente a súa eficiencia e transparencia. Só no 2012 as ONG galegas integradas nas tres plataformas beneficiaron a mais de 450000 persoas en risco e pobreza ou exclusión social. Unha das claves do percorrido das caixas e o que explica a súa historia foi e sigue sendo (ata o día de hoxe) a súa obra social. Só no ano 2010 a obra social das caixas galegas investiu máis de 83 millóns de euros en diversas actuacións, organizou máis de 7.500 actividades en distintos concellos de Galicia para miles de persoas en situación de pobreza, maiores ou con discapacidade. Por todo isto, as ONG galegas, reclaman un compromiso firme e sen fisuras por parte de Abanca non só para que asegure os criterios de banca que dea servizo as persoas e as empresas senón para que continúe o labor social das caixas.

Entradas relacionadas
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade