Por baixas de última hora, quedan 10 prazas dispoñibles para docentes en activo. As persoas interesadas, deben enviar un correo cos seus datos persoais a downgalicia@downgalicia.org Celebrarase o sábado 13 de setembro, de 10:00h a 14:00h e de 15:30h a 19:30h, na sede de Down Galicia, local de Down Compostela [Rúa Alejandro Novo González nº1, baixo. Santiago de Compostela] Esta Xornada está HOMOLOGADA pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e NON TEN CUSTE para as persoas participantes. A inscrición está aberta aos equipos de profesionais docentes, de orientación e directivos dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia. A xornada permitirá avanzar na sensibilización e formación en metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, unha estratexia de inclusión do alumnado con maiores necesidades de apoio. Ademais da formación teórica, a xornada contempla unha mesa de experiencias, na que varias docentes explicarán os resultados que está tendo a aplicación práctica desta metodoloxía nos seus respectivos centros educativos. Programa da xornada.
