A Federación Down Galicia organiza, en colaboración co Progama de Voluntariado Dixital da Xunta (VolDix), promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Voluntariado, unha formación sobre manexo básico en ferramentas ofimáticas e follas de cálculo para os traballadores e traballadoras das súas entidades membro. Trátase dunha formación que Down Galicia inclúe no seu plan de formación continua para o seu equipo profesional. Esta formación en concreto ten por obxectivo dotar á súa plantilla de traballadores e traballadoras dos coñecementos técnicos que precisan para manexar con solvencia as follas de cálculo, fundamental no día a día dos seus postos de traballo. Unha formación básica e necesaria, pero ás que moitos profesionais non accederan de xeito formal por non ser específica da súas áreas de traballo. Para a realización desta formación, Down Galicia conta con persoal propio, sete voluntarios dixitais e persoal da empresa TIC 3.14 Financial Contents, mecenas dixital adherido ao programa VolDix.
