Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O Pazo de Fonseca acolle a exposición ‘As persoas con discapacidade na vida cotiá’

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Pazo de Fonseca acolle a exposición ‘As persoas con discapacidade na vida cotiá’

3 Setembro, 2014

» O Pazo de Fonseca acolle a exposición ‘As persoas con discapacidade na vida cotiá’

Ata o vindeiro 20 de setembro poderá visitarse a exposición ‘As persoas con discapacidade na vida cotiá, organizada pola Fundación Grupo Norte e o Instituto Universitario para a Integración na Comunidade coa colaboración de Down Galicia. Componse de 55 fotografías que permiten coñecer e entender a realidade das persoas con discapacidade desde a perspectiva dos seus propios protagonistas, familiares, persoal de apoio e, por suposto, o fotógrafo que realiza a instantánea. A intención consiste en ofrecer imaxes positivas que permitan a reflexión, empatía e identificación co mundo da discapacidade. A inauguración estivo presidida por Dolores Álvarez, Vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social (USC) e contou tamén coa asistencia de Coro Piñeiro, Secretaria Xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar, Mª Jesús Sáinz, senadora e representante do Concello de Santiago, Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, Juan Martínez, presidente de Down Compostela e Javier Ojeda, presidente da Fundación Grupo Norte. As instantáneas forman parte dunha selección específica realizada para a ocasión entre os mellores traballos presentados ao Concurso Internacional de Fotografía Dixital organizado desde o ano 2003 pola Fundación Grupo Norte e INICO e que recibe anualmente máis dun millar de fotografías procedentes de todo o mundo. Precisamente, ata o 3 de novembro está aberta a edición deste año para participar no Concurso. As bases pódense consultar na páxina web do INICO (www.inico.es). A exposición propón un enfoque ás realidades humanas promovendo a verdadeira integración das persoas con discapacidade desde os ámbitos da superación e normalidade. “Somos testemuñas así do proceso, certamente aínda lento pero inexorable, co que se  abandona o histórico modelo asistencial de atención ás mal chamadas persoas con minusvalía, no que a discapacidade era considerada unha enfermidade invalidante, a un mundo no que cada persoa participa no curso do seu propio destino na defensa dos seus intereses, dereitos e necesidades” resaltou Javier Ojeda, presidente da Fundación Grupo Norte. A accesibilidade, o deseño universal, a discriminación positiva en termos de integración laboral, son ideas forza que foron gañando peso desbancando paradigmas afortunadamente esquecidos. Pola súa parte, o presidente de Down Compostela, Juan Martínez, sinalou que a exposición amosa  como “os protagonistas destas fotografías fan fincapé nas súas capacidades para formar parte activa da sociedade na que viven, ao igual que calquera de nos”. Martínez destacou a colaboración da USC con esta iniciativa para fomentar a normalización das persoas con discapacidade. Así mesmo, agradeceu á Fundación Grupo Norte que pensara en Compostela para mostrar por primeira vez en Galicia esta exposición. A mostra, que se poderá ver posteriormente en diferentes capitais galegas, nace do contacto establecido entre a Fundación Grupo Norte e la Federación Down Galicia durante este exercicio 2014 para financiar parte do programa ‘Emprego con apoio  que ten como obxectivo facilitar ás persoas con discapacidade intelectual, especialmente aquelas coa síndrome de Down, a súa incorporación sociolaboral no mercado ordinario garantindo para iso todos os apoios que tanto a persoa, a familia como o empregador necesitan. A Fundación Grupo Norte respalda esta iniciativa con un apoio económico que ascende a 50.000 euros.  

Entradas relacionadas

O grupo de teatro de Down Compostela presenta este venres a comedia ‘A pantalla máxica’ no Teatro Principal
15 Xuño, 2023
Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais
19 Xaneiro, 2023
SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}