Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Vigo reivindica máis recursos para fomentar a inclusión no seu 25 aniversario

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Vigo reivindica máis recursos para fomentar a inclusión no seu 25 aniversario

22 Setembro, 2014

» Down Vigo reivindica máis recursos para fomentar a inclusión no seu 25 aniversario

O presidente da Asociación Down Vigo, Fernando Molina, presidiu esta tarde a solta simbólica de globos coa que a entidade conmemora os seus 25 anos de actividade ininterrompida. Desta forma, a través das cores corporativas, azul y amarelo, quixeron simbolizar unha serie de conceptos relacionados coas capacidades das persoas con síndrome de Down, cos seus dereitos e coa súa vontade de vivir unha vida normalizada. O presidente, estivo acompañado por Ruth Ramos Núñez, membro de Down Vigo e vocal na Xunta Directiva da Federación Down España. Ruth é a primeira persoa coa síndrome de Down que forma parte da Xunta Directiva da federación española, tras a asemblea celebrada o pasado mes de abril. Na súa intervención animou aos asistentes ao acto a “traballar xuntos para que teñamos igualdade de oportunidades, recursos para poder competir laboralmente, recursos para que os nenos e nenas con discapacidade non se sintan excluídos das aulas, e recursos para que os nosos profesores poidan exercer o seu traballo con unhas condicións dignas”. Pola súa parte, Fernando Molina quixo destacar que “sempre pensamos firmemente que os nosos fillos e fillas, contando cos apoios adecuados, son tan capaces como calquera outra persoa para facerse cargo das súas vidas. A día de hoxe, 25 anos despois de comezar a nosa andadura, xa temos exemplos significativos das súas capacidades”. Molina referiuse aos mozos e mozas que contan con postos de traballo, algúns deles estables, aos que xa viven fóra do fogar familiar en vivendas independentes, e aos que día a día se esforzan por superar as barreiras que a sociedade a veces lles impón. Aproveitou ademais para dar as grazas a todas as persoas e organismos, públicos e privados, que ao longo destas dúas décadas e media apoiaron a Down Vigo e contribuíron á inclusión social e laboral dos seus usuarios e usuarias. Este acto, con marcado carácter festivo e reivindicativo, celebrouse na Praza da Princesa, e nel participaron as familias socias de Down Vigo, o equipo profesional, e numerosas personalidades do mundo da cultura, o deporte e a política. Previamente, o alcalde da cidade, Abel Caballero, presidiu a inauguración da exposición Identidades. O Proyecto Identidades “Identidades” é o resultado da colaboración entre un grupo de 16 mozos e mozas de Down Vigo e do grupo de deseñadores La Boîte Is. Entre todos, e seguindo a metodoloxía de Aprendizaxe Cooperativa, conseguen realizar unha colección de xoias e roupa inspiradas na natureza salvaxe, polo que a titulan “Selvatics”. Unha exposición que non só amosa a capacidade das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual para desenvolver a súa creatividade, senón que reivindica a importancia de defender la liberdade individual dentro dunha sociedade en constante cambio. Neste sentido, Lara Paula Gómez, unha das creadoras da colección, afirmou que  “para nós Identidades supón unha demostración do que podemos chegar a facer. A nosa discapacidade non é máis que unha compañeira de viaxe. Estamos cansados dos sorrisos condescendentes. Queremos que eses sorrisos sexan de admiración polo que aportamos á nosa sociedade”. A exposición poderá visitarse na Casa Galega da Cultura ata o día 28 de setembro. Down Vigo Down Vigo nace no ano 1989 cando un grupo de pais e nais de nenos e nenas con síndrome de Down decide unirse para loitar por un modelo de vida que non existía por aquel entonces. O seu principal obxectivo era que os seus fillos e fillas non fosen discriminados por causa da súa discapacidade, senón que puidesen optar ás mesmas escolas, postos de traballo e actividades de ocio que calquera outra persoa. Así, Down Vigo é a primeira entidade de referencia que presta  o servizo da promoción autonomía persoal (SEPAP) que, a grandes trazos, consiste en crear un sistema de apoios para que a persoa coa síndrome de Down desenvolva ao máximo as súas capacidades desde que nace ata que envellece. Un programa que contempla todas as etapas vitais, desde a atención temperá, a educación inclusiva, a formación para o emprego, a inserción laboral, a vida adulta e independente, o envellecemento activo, o ocio, a educación afectivo-sexual, etc. Fai 25 anos, Down Vigo se constitúese con 18 socios e actualmente conta con 162. No ano 2003, amplía os seus servizos e ademais de persoas coa síndrome de Down, presta apoio a persoas con discapacidade intelectual.  

Entradas relacionadas

Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Noela Avendaño consolida a súa praza de funcionaria no Concello de Vigo
28 Decembro, 2022
Mozos e mozas de Down Ourense e Down Vigo fórmanse nun título propio da Universidade de Vigo
1 Decembro, 2022
Down Vigo renova o seu convenio de colaboración coa Autoridade Portuaria
11 Novembro, 2022
Andrés, usuario de Down Vigo, protagonista dunha campaña de moda infantil
2 Novembro, 2022
Dous mozos do servizo de Emprego con Apoio de Down Vigo comezan a traballar en Amazon Logistics
27 Outubro, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}