Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Rosa María Calaf, Carlos Susías e a Fundación Civio, entre os relatores do Foro sobre Pobreza e Exclusión Social

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Rosa María Calaf, Carlos Susías e a Fundación Civio, entre os relatores do Foro sobre Pobreza e Exclusión Social

7 Outubro, 2014

» Rosa María Calaf, Carlos Susías e a Fundación Civio, entre os relatores do Foro sobre Pobreza e Exclusión Social

A xornalista Rosa María Calaf, o presidente de EAPN España, Carlos Susías, e a directora da Fundación Civio, Cristina Moreno Alborán, están entre os máis de corenta relatores que participarán no IV Foro de Capacitación sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado os días 9 e 10 de outubro en Compostela. A cita, organizada por EAPN Galicia, a Coordinadora Galega ONGD e CERMI Galicia centrarase en temas como a transparencia e a participación para atallar a corrupción, a implicación dos afectados fronte ás políticas asistencialistas e a participación obrigada das organizacións sociais galegas na xestión e seguimento dos fondos estruturais europeos. O Foro celébrase na Escola Galega de Administración Pública  e contará por primeira vez coa chamada Ágora do Terceiro Sector e Voluntariado. Trátase dunha experiencia na que organizacións sen ánimo de lucro e empresas de economía social exporán en quendas de 15 minutos un proxecto innovador, ante un auditorio reducido que verá as posibilidades de ser replicado. Son once as propostas que se exporán deste xeito, e van desde a promoción do software libre a espazos de información na Rede para poder mercar roupa fabricada con medios responsables; a busca de fontes de financiamento alternativas á minguante achega pública; o mentoring e apoio en situacións de exclusión; e as redes de apoio entre consumidores especialmente desprotexidos. Participan as entidades Agasol, Amarante Setem, Cogami, Ecos do Sur, Federación Autismo Galicia, Fundación Juan Soñador, Fundación Secretariado Gitano, Grupo Emaús Fundación Social, IGAXES, Reseteando e ADICAE. Liñas básicas e relatores O Foro, que chega á cuarta edición, estrutúranse en torno a catro liñas básicas: transparencia e participación fronte á corrupción; transparencia na xestión dos fondos europeos; mellor comunicación para a inclusión activa; e retos para facer que a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) sexa efectiva. Entre os máis de corenta relatores que participarán nas sesións atópanse a veterana xornalista de Televisión Española Rosa María Calaf, que pronunciará unha conferencia titulada Comunicación decente contra a desigualdade e a pobreza. Tamén participará no Foro Cristina Moreno Alborán, da Fundación Civio, unha plataforma dedicada a rescatar desde o xornalismo de datos feitos e cifras relevantes para a cidadanía, desde o destino dos impostos ás contradicións dos representantes políticos ou as relacións entre os máis poderosos. Mentres, Carlos Susías,presidente de EAPN España, falará de Transparencia e participación da sociedade civil na xestión dos Fondos Estruturais. ¿Ficción ou realidade? Inscrición e información Para máis información sobre a inscrición e para recibir un programa detallado do IV Foro, os interesados poden acceder ao sitio web www.pobrezagalicia.org ou escribir ao correo info@eapn-galicia.com.  

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}