Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

“As persoas con discapacidade na vida cotiá” pode visitarse no MIHL de Lugo

Traballamos

Medramos

Aprendemos

“As persoas con discapacidade na vida cotiá” pode visitarse no MIHL de Lugo

7 Novembro, 2014

» “As persoas con discapacidade na vida cotiá” pode visitarse no MIHL de Lugo

O Museo Interactivo da Historia de Lugo acolle ata o vindeiro 30 de novembro a exposición ‘As persoas con discapacidade na vida cotiá”. A mostra, organizada pola Fundación Grupo Norte e o Instituto Universitario para la Integración en la Comunidad (Inico) coa colaboración de Down Lugo e o Concello de Lugo, está formada por 55 fotografías que permiten coñecer e entender a realidade das persoas con discapacidade desde a perspectiva dos seus propios protagonistas. A intención consiste en ofrecer imaxes positivas que permitan a reflexión, empatía e identificación co mundo da discapacidade. As instantáneas forman parte dunha selección específica realizada para a ocasión entre os mellores traballos presentados ao Concurso Internacional de Fotografía Dixital organizado desde o ano 2003 pola Fundación Grupo Norte e INICO e que recibe anualmente máis dun millar de fotografías procedentes de todo o mundo. A exposición foi inaugurada polo presidente da Fundación Grupo Norte, Javier Ojeda, a concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre, e a presidenta de Down Lugo, María José Blanco. Javier Ojeda destacou na súa intervención que a mostra está composta por “fotografías que propoñen enfoques adecuados ás realidades humanas e que promoven indicadores sociais relativos á verdadeira integración, pero tamén falan de superación e normalidade”.  Unha idea na que tamén incidiu Carmen Basadre afirmando “que estamos ante unha realidade que podemos encontrar no noso día a día, na nosa propia comunidade, e á que debemos prestar atención e atender baixo parámetros de normalidade”. Pola súa parte, María José Blanco fixo fincapé en que “é unha moi boa oportunidade para sensibilizar e concienciar á opinión pública sobre a capacidade de superación dos protagonistas, e sobre a necesidade de seguir fomentando a igualdade de oportunidades e de educar en valores como a tolerancia e a diversidade social. Este proxecto tamén nos axuda a loitar contra a invisibilidade das persoas con dificultades e nos sitúa na posición de poder comprender as barreiras ás que deben facer fronte no seu día a día”.      

Entradas relacionadas

Down Lugo leva a escola inclusiva a un centro educativo en Alfoz
13 Xuño, 2022
Vota o proxecto de Down Lugo e colabora na mellora da súa aula multisensorial
9 Xuño, 2022
Down Lugo imparte un obradoiro de cómic inclusivo
13 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}