DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Sabela acada o seu primeiro contrato indefinido

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Sabela acada o seu primeiro contrato indefinido

Sabela, unha moza de 25 anos e membro de Down Lugo, vén de acadar o seu primeiro contrato indefinido, dándose a particularidade de que tamén é o seu primeiro contrato laboral. A empresa na que traballa é un laboratorio especializado na realización de ensaios químicos e físicos, e o seu posto corresponde a auxiliar de servizo. Sabela ocúpase, fundamentalmente, de realizar tarefas de apoio nas áreas administrativa e de analíticas, en función das necesidades derivadas da carga de traballo. Sabela conseguiu a súa primeira oportunidade laboral grazas ao programa de Emprego con Apoio que en Galicia levan a cabo todas as entidades Down desde o ano 2.002. O programa, que mantén bos resultados de inserción a pesar da crise, está orientado a facilitar que as persoas con discapacidade encontren emprego en empresas ordinarias. Para que estas insercións sexan efectivas cóntase coa figura de un preparador o preparadora laboral (profesional que se encarga de ensinar á persoa con discapacidade no  posto de traballo), e que non supón custe algún para a empresa. Este tipo de apoio en no posto é gradual e vaise retirando ata desaparecer por completo a medida que a persoa con discapacidade vai adquirindo autonomía nas tarefas propias do seu posto. É preciso resaltar que a  participación e, cada vez maior presenza das persoas con discapacidade intelectual nas empresas ordinarias contribúe de forma eficaz a desterrar os tópicos que tradicionalmente se lles atribúen, resultando un modo sumamente eficaz de integración social. Contribúe, así mesmo, a propiciar un cambio de visión, de persoa con discapacidade a traballador ou traballadora, constatándose unha importante implicación dos compañeiros e compañeiras de traballo na aceptación da diversidade.  

Entradas relacionadas
Down Lugo adapta as súas xornadas de ocio organizando quedadas online
10 Febreiro, 2021
A conselleira de Política Social visita as novas instalacións de Down Lugo
14 Decembro, 2020
Down Lugo pon á venda máscaras para loitar contra a pandemia da COVID-19
13 Novembro, 2020
Un novo emprego para loitar en primeira liña contra a pandemia
5 Novembro, 2020
Down Lugo busca persoas voluntarias para os seus programas de formación e novas tecnoloxías
28 Febreiro, 2020
Down Lugo inicia as actividades anuais do seu programa de Vida Independente
29 Xaneiro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade