Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

CERMI Galicia adhírese ao manifesto contra o copago confiscatorio

Traballamos

Medramos

Aprendemos

CERMI Galicia adhírese ao manifesto contra o copago confiscatorio

3 Decembro, 2014

» CERMI Galicia adhírese ao manifesto contra o copago confiscatorio

O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) anuncia a súa adhesión ao manifesto emitido polo CERMI nacional ‘Non ao copago confiscatorio, que expulsa ás persoas con Discapacidade e ás súas familias da protección e os dereitos sociais. Pola reforma da Lei 39/2006, de Autonomía Persoal e Atención á Dependencia,’. Segundo o manifesto, a promulgación da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e de atención ás persoas en situación de dependencia “debeu supoñer un avance significativo na extensión e intensificación dos dereitos sociais de amplas capas da poboación”, como “dereito subxectivo” e “inaugurou unha nova forma de concibir e aplicar as políticas sociais que xerou enormes expectativas en todo o tecido social”. Tras máis de sete anos dende a aprobación desta Lei, sinala o CERMI, o despregamento deste novo sistema de protección enfrontouse a unha morea de vicisitudes, entre elas, e como máis relevante, a crise económica e social, que induciu a aplicar feroces políticas de recorte de gasto público, en combinación con outros múltiples factores -políticos, sociais e de goberno do sistema Un dos aspectos que sen dúbida máis rexeitamento suscitou nestes anos de despregamento do SAAD por parte das potenciais persoas beneficiarias da Lei, foi o relativo ao “copago, percibido como unha regulamentación carente de equidade e xustiza material, próxima ao confiscatorio e que máis que invitar a exercer o dereito subxectivo, expulsaba as persoas maiores e as persoas con Discapacidade destinatarias naturais do sistema”. “Está desacertada e máis que inxusta regulación dos aspectos económicos de participación no custo das prestacións ha de ser corrixida de inmediato”, asegura o CERMI, quen insiste en que “así o avala non só a opinión maioritaria dos movementos sociais de persoas maiores e persoas con Discapacidade e as súas familias, senón tamén o criterio dos profesionais dos servizos sociais e das persoas expertas e analistas”. Segundo sinala, “resulta urxente e imprescindible modificar a Lei 39/2006 para establecer criterios máis claros, xustos e iguais en relación coa capacidade económica e a participación no custo das prestacións de autonomía persoal e atención á dependencia por parte das persoas beneficiarias, mulleres e homes con Discapacidade e de idade avanzada”. Por iso, piden a modificación do artigo 14 da vixente Lei, para precisar que será tamén obxecto de normativa regulamentaria estatal a regulación da participación no custo das prestacións, ao igual que acontece agora coa capacidade económica, así como a ampliación dos factores que se teñen presentes á hora de determinar tanto a renda coma o patrimonio, engadindo á idade o momento vital de aparición da situación de dependencia e a súa maior ou menor prolongación ao longo da vida da persoa beneficiaria. Así mesmo, solicita a modificación do artigo 33 do texto legal para incorporar garantías para as persoas beneficiarias que modulen o seu esforzo de participación no custo das prestacións que reciben, como a exención de achega por debaixo dun determinado albor de capacidade económica (2,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples -IPREM-); a limitación máxima na participación, que quedaría fixada no 60% do prezo de referencia do custo do servizo; ou a seguridade dun mínimo para gastos persoais, que non sería inferior ao 40% da capacidade económica. Ler Manifesto completo

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico do incremento do gasto de persoal nas súas entidades polo convenio colectivo de aplicación
13 Febreiro, 2023
Política Social financiou en 2022 varios programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
8 Febreiro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}