DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Traballo e Benestar financia o mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Traballo e Benestar financia o mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal

A Consellería de Traballo e Benestar concedeu unha axuda económica a Down Galicia para contribuír ao seu mantemento e á realización das actividades do servizo para a promoción da autonomía persoal a desenvolver ao longo do exercicio 2014. Esta colaboración foi formalizada mediante a sinatura dun convenio entre o departamento autonómico e a Federación a comezos de ano. Así, foméntanse os programas especificamente deseñados para promover a autonomía e a integración social e laboral das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, atendendo á experiencia, equipo humano e medios dos que dispón Down Galicia para desenvolver a atención requirida. Esta atención específica resúmese a través do Servizo para a Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) organizado en diferentes áreas de atención que comprende a atención temperá, a área de educación, de formación e emprego, de vida adulta e independente  e unha área transversal. Deste xeito, actúase ao longo de todo o proceso vital da persoa, mellorando a súa autonomía, as súas condicións de vida e favorecendo a súa inclusión plena. O convenio asinado entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Down Galicia contempla os seguintes obxectivos de intervención:

  • Ofrecer intervencións de habilitación funcional co fin de potenciar as súas habilidades e o seu benestar, posibilitando a súa normalización no medio familiar e social.
  • Proporcionar asesoramento e apoio ás familias, como un dos principais axentes activos no proceso de inclusión da persoa con discapacidade.
  • Desenvolver actuacións que permitan ás persoas con discapacidade acadar as máis altas cotas posibles de vida independente.
  • Colaborar cos recursos comunitarios de formación, nos que estean integrados os usuarios, co fin de que así rendabilicen ao máximo os procesos de ensinanza e aprendizaxe e acaden a súa integración laboral.
  • Promover a participación das persoas con discapacidade nas actividades de ocio e deporte normalizadas.
  • Desenvolver accións de formación ocupacional e laboral que posibiliten a aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades e coñecementos que lle faciliten a súa integración laboral.
  • Garantir o dereito das persoas con discapacidade intelectual a expresar e vivir a súa sexualidade.
  • Favorecer a difusión de información axeitada e positiva acerca das persoas con discapacidade intelectual.
  • Promover proxectos de integración escolar, laboral, social, programas de saúde e todos aqueles que favorezan o desenvolvemento persoal e a plena inclusión das persoas coa síndrome de Down.

 

Entradas relacionadas
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade