DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down Compostela presenta o seu calendario solidario 2015

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down Compostela presenta o seu calendario solidario 2015

“Persoas Marabillosas” é o título do Calendario Solidario 2015, co que Down Compostela rende homenaxe ás persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual que sorprenden a diario co seu esforzo e os seus logros e tamén a todas aquelas que, dunha ou outra forma, lles axudan nalgún momento a realizar o seu proxecto de vida. O calendario, que se realizou en colaboración con Carrefour Santiago, “contribúe a facer máis visible o papel que xogan nesta sociedade diversa as persoas con discapacidade e tamén a recadar fondos para manter o programa de actividades da Fundación co que axudamos a 105 persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual”, explicou o presidente da entidade, Juan Martínez, durante a súa presentación. Editáronse 2.000 exemplares, en formato de mesa e de parede, que se poden adquirir por 5 euros, tanto nas instalacións de Down Compostela como no hipermercado Carrefour do Centro Comercial As Cancelas. Juan Martínez agradeceu a colaboración da dirección de “Carrefour Santiago, por ofrecernos a posibilidade de realizar este proxecto nas súas instalacións”, e a de Jorge Luis González Gestoso, o autor das doce fotografías que ilustran cada un dos meses. Martínez tamén destacou o intenso traballo realizado por María José Copano nesta iniciativa e a colaboración dos voluntarios da Fundación Solidaridad Carrefour e dos traballadores do hipermercado de Santiago que, xunto con algúns dos seus fillos, aparecen nas fotografías. As doce fotos do calendario amosan situacións cotiás na vida de calquera persoa e no proceso de compra dunha familia. Así, vense a nenos e nenas na peixería xunto a un boneco de xeo no mes de xaneiro, mozos e mozas elixindo a carne en febreiro,  lucindo paraugas en abril ou ramos de flores en maio. Os xogos coas pelotas de praia en agosto, ou escollendo libros en setembro son outros dos motivos do calendario, que reserva o mes de decembre á típica elección dos agasallos para Nadal e Reis.

Entradas relacionadas
O Presidente da Deputación de A Coruña visita a sede de Down Compostela para coñecer as principais demandas da Fundación
13 Outubro, 2020
Carlota e Down Compostela poñen o broche de ouro á primeira tempada de ‘Hasta la vista’
8 Outubro, 2020
O Concello de Santiago financia o programa ‘Isto é vida’ de Down Compostela
11 Setembro, 2020
Celebrada una nueva edición del Campeonato de Baristas Down de Galicia
9 Marzo, 2020
A doutora Mª José Fernández Seara, Xurxo Martiño e Emetel Sistemas, Premios Down Compostela 2020
6 Marzo, 2020
Risas, aplausos e moita música na estrea da nova obra do Grupo de teatro Down Compostela
11 Xuño, 2019
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade