Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia demanda a erradicación da educación especial ante o Parlamento galego

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia demanda a erradicación da educación especial ante o Parlamento galego

22 Decembro, 2014

» Down Galicia demanda a erradicación da educación especial ante o Parlamento galego

A erradicación da educación especial e a regulación dun período de transición entre o actual modelo integrador e un totalmente inclusivo, foi a primeira demanda de Down Galicia en materia de educación perante a Comisión non Permanente para o seguimento das políticas relativas á discapacidade. O presidente da Federación, Delmiro Prieto, defendeu a necesidade de construír, desde unha idade temperá e no ámbito escolar, unha sociedade tolerante e respectuosa coa diferenza e coa diversidade, na que non ten cabida a segregación, senón a inclusión como ferramenta de enriquecemento desde a infancia. Neste sentido, tamén solicitou que se regule adecuadamente a atención á diversidade do alumnado por parte do Goberno galego, e que o Parlamento solicite a derrogación da LOMCE por non garantir a educación inclusiva con apoios para alumnado con necesidade específicas, á que obriga a Constitución e os tratados internacionais de dereitos humanos ratificados por España e pola Cámara galega. Por último, no ámbito da educación, solicitou que mentres a LOMCE estea vixente, non se aplique a parte na que a decisión última para elixir o tipo de centro escolar, ordinario ou especial, corresponde á Administración educativa, posto que supón unha vulneración evidente da liberdade de opción que a Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade recoñece a toda persoa con discapacidade en calquera ámbito. Outras demandas No ámbito do emprego, Down Galicia reclamou máis investimento público en apoios para fomentar o acceso ao emprego das persoas con discapacidade na empresa ordinaria. Prieto afirmou que, neste campo, vénse detectando que as Administracións públicas, que son as que promoven a Lei tamén son as primeiras en incumprila, polo que solicitou que contemplen na función pública ás persoas con discapacidade, a través de convocatorias adaptadas e fomentando a súa contratación. En Dependencia e Carteira de Servizos Sociais demandou que se adapten as valoracións á discapacidade intelectual posto que, na maior medida están orientadas á discapacidade física, e producen desaxustes importantes entre as valoracións e a realidade das persoas valoradas. Na comparecencia, Prieto tamén solicitou que se desenvolva a regulación dunha Rede Galega de Atención Temperá en Galicia, que inclúa os servizos prestados nesta área por Down Galicia. Por último, referiuse á necesidade de formular un novo sistema de apoios á capacidade de obrar das persoas con discapacidade intelectual que eviten a súa incapacitación legal; así como ao Anteproxecto de Lei de Subvencións, no que solicitou que se eliminen aspectos totalmente nocivos para as entidades do terceiro sector social, como a obriga do cofinanciamento das axudas públicas.  

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
25 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
Down Galicia desenvolve 17 proxectos neste 2022 grazas ás persoas que marcaron o X solidario
7 Abril, 2022
Down Galicia e ACDgal alíanse para promover o envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
5 Abril, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}