Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

As entidades Down contabilizan unha ducia de novas insercións laborais no pasado mes de decembro

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As entidades Down contabilizan unha ducia de novas insercións laborais no pasado mes de decembro

14 Xaneiro, 2015

» As entidades Down contabilizan unha ducia de novas insercións laborais no pasado mes de decembro

No último mes do exercicio 2014, un total de 12 persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual das entidades Down en Galicia, accederon a un posto de traballo ou melloraron as condicións contractuais do que xa tiñan en empresas ordinarias da súa contorna. Así, en Pontevedra contabilizáronse 4 insercións laborais. David, un mozo con discapacidade intelectual vén de asinar un contrato con McDonals para realizar tarefas de axudante de cociña e sala, tras superar un período de prácticas no que amosou as súas capacidades e competencias. Na mesma cidade, Víctor e Diego acadaron sendos postos de traballo como mozos de almacén en Distribuciones Froiz para a elaboración de cestas e lotes de Nadal. A cuarta inserción laboral é a de Adrián que, durante dous meses e medio, desempeñará o posto auxiliar administrativo no Concello de Pontevedra, a través da asistencia técnica da empresa Iternativa. En Ferrol, Cistóbal vén de asinar un contrato como auxiliar de mantemento e servizos no Grand Hotel de Ferrol, cunha duración dun ano. Tamén de duración anual son os contratos de Adrián e Juan Carlos para desempeñar postos de mantedor de instalacións deportivas, concretamente no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela. En Ourense, José Manuel e Adrián desempeñarán postos de ordenanza durante seis meses en instalacións do Campus de Ourense, concretamente no edificio xurídico social e no polideportivo. Mentres en Lugo, A Coruña e Vigo contabilízaronse sendas insercións en Decathlon. En Lugo é  Francisco o que acaba de entrar na plantilla de Decathlon desta cidade por un período de 3 meses con posibilidade de continuidade. Na Coruña, Laura tamén asinou un contrato por un período de 3 meses con de continuidade. En Decathlon Vigo, foi contratada Romina tamén por tres meses. Nesta cidade, Decathlón ten contratadas ademais a tres persoas máis, a Nerea, que conta cun contrato indefinido desde 2013, a Sergio que se incorporara á plantilla en xullo e a de Esther cuxa contratación temporal por un período de seis meses vén de ser renovada cun contrato indefinido. Concretamente na cidade de Vigo, a relación entre Down Vigo e Decathlon ten unha longa traxectoria de colaboración que comezou desde o mesmo momento da inauguración da tenda, no ano 2009, con 3 insercións laborais. Desde entón, e ata a acutalidade, foron 26 as persoas de Down Vigo contratadas. Cabe lembrar que estas insercións laborais son posibles grazas ao servizo de Emprego con Apoio que en Galicia levan a cabo todas as entidades Down desde o ano 2.002. O servizo, que mantén bos resultados de inserción a pesar da crise, está orientado a facilitar que as persoas con discapacidade teñan un traballo en empresas ordinarias. Para que estas insercións sexan efectivas cóntase coa figura dun preparador ou preparadora laboral (profesional que se encarga de ensinar as tarefas á persoa con discapacidade no  posto de traballo), e que non supón custe algún para a empresa. Este tipo de apoio no posto é gradual e vaise retirando ata desaparecer por completo a medida que a persoa con discapacidade vai adquirindo autonomía nas súas tarefas. É preciso resaltar que a participación, e cada vez maior presenza, das persoas con discapacidade intelectual e síndrome de Down nas empresas ordinarias contribúe de forma eficaz a desterrar os tópicos que tradicionalmente se lles atribúen, resultando un modo sumamente eficaz de inclusión social. Contribúe, así mesmo, a propiciar un cambio de visión, de persoa con discapacidade a traballador ou traballadora, constatándose unha importante implicación dos compañeiros e compañeiras de traballo na aceptación da diversidade.    

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico do incremento do gasto de persoal nas súas entidades polo convenio colectivo de aplicación
13 Febreiro, 2023
Política Social financiou en 2022 varios programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
8 Febreiro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}