DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Federico Mayor Zaragoza abordará as grandes liñas dunha educación pública e de calidade en relación á LOMCE

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Federico Mayor Zaragoza abordará as grandes liñas dunha educación pública e de calidade en relación á LOMCE

A conferencia, que leva por título “LOMCE, unha carreira de obstáculos para unha educación pública e de calidade” celebrarase ás 8 da tarde do mércores 4 de febreiro no Centro ABANCA Obra Social, na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela. Federico Mayor Zaragoza, presidente da Fundación Cultura de Paz, ex director xeral da UNESCO e ex ministro de Educación, será o encargado de abordar as grandes liñas de igualdade, inclusión e calidade de educación pública en relación á  Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, aprobada co exclusivo apoio do Partido Popular. Acompañándoo estará Ruth Ramos, una moza de Vigo que é a primeira persoa coa síndrome de Down que forma parte da Xunta Directiva de Down España, na que desempeña ol cargo de vogal desde o pasado mes de abril. Esta conferencia estará aberta ao público en xeral debido á  importancia que a aplicación da LOMCE conleva para toda a sociedade, por canto supón de cambio de modelo educativo e de valores. Así, os cambios máis relevantes non afectarán só ao alumnado, senón que tamén transformarán o papel que desempeñan as familias neste novo sistema, os equipos docentes e os propios centros educativos. Coa celebración deste acto, Down Galicia continúa coa súa defensa dunha educación pública e de calidade na que teña cabida todo tipo de alumnado e se respecten e atendan as necesidades específicas de cada alumno ou alumna, tal e como obrigan a Constitución Española e os tratados internacionais de dereitos humanos ratificados polo Estado español. Cartel final Mayor Zaragoza  

Entradas relacionadas
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá
10 Decembro, 2020
O IGAPE colabora co proxecto contra a fenda dixital da Federación Down Galicia
2 Decembro, 2020
Down Galicia únese ao #GivingTuesday co seu proxecto para eliminar a fenda dixital
30 Novembro, 2020
Down Galicia solicita que se inclúa ás persoas coa síndrome de Down nos grupos prioritarios de vacinación contra a COVID-19
27 Novembro, 2020
A Deputación de Ourense apoia de novo a inserción laboral das persoas coa síndrome de Down da provincia
24 Novembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias
  • Distribuciones Froiz confía de novo no programa de Emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
  • “Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade