Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

A Deputación da Coruña apoia as aulas interactivas de Down Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Deputación da Coruña apoia as aulas interactivas de Down Galicia

19 Febreiro, 2015

» A Deputación da Coruña apoia as aulas interactivas de Down Galicia

A Deputación da Coruña destinou, no ano 2014, unha achega de 3.497,93 euros ao Proxecto “Aulas interactivas para persoas coa síndrome de Down”, co fin último de facilitar o uso de ferramentas audiovisuais para optimizar os procesos de ensino e aprendizaxe das persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual. Grazas a esta achega adquiriuse novo equipamento para completar as aulas interactivas das entidades Down en Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela. Con este recurso prestouse apoio educativo a 75 persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual de idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos e escolarizadas en diferentes etapas educativas nas áreas xeográficas da provincia de A Coruña. Cabe destacar que o alumnado coa síndrome de Down aprende todo o que se lle ensina con estratexias metodolóxicas axustadas ao seu estilo de aprendizaxe. Está demostrado que lles resulta máis sinxelo aprender se a información lles chega por medio da vista que por medio do oído, porque xeralmente as persoas con Síndrome de Down presentan déficit auditivo de tipo condutivo, o que lles produce dificultades de percepción auditiva e de memoria a curto prazo. As Novas Tecnoloxías facilitan as posibilidades de percepción e procesamento da información por vía visual e reforzan a auditiva.  O seu uso é fundamental, porque o ensino débese apoiar nos trazos menos deficitarios para conseguir melloras na aprendizaxe.  Ademais, o uso do ordenador e os medios audiovisuais facilitan a individualización da intervención, xa que estes materiais ofrecen grande versatilidade e flexibilidade, o que permite adaptarse ás características da persoa. Asemade contribúe a contrarrestar as dificultades derivadas da motivación e a fatiga.

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
25 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
Down Galicia desenvolve 17 proxectos neste 2022 grazas ás persoas que marcaron o X solidario
7 Abril, 2022
Down Galicia e ACDgal alíanse para promover o envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
5 Abril, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}