DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Iago Borges explica a súa experiencia laboral no encontro empresarial convocado pola Fundación Mapfre en Ourense

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Iago Borges explica a súa experiencia laboral no encontro empresarial convocado pola Fundación Mapfre en Ourense

Preto de 15 empresas que desenvolven a súa actividade en Ourense asistiron hoxe nesta cidade a un encontro empresarial organizado pola Fundación Mapfre. O obxectivo foi presentarlles o programa “Juntos Somos Capaces”, que leva a cabo esta entidade desde 2010 co fin de promover a formación ocupacional e a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental. Durante o encontro, que foi posible grazas ao apoio da Cámara de Comercio de Ourense e a Asociación de Síndrome de Down de Ourense (Down Ourense), convidouse ás empresas, entre elas Rodríguez López Auto, Autocares Rodríguez Carballiño e Cafés Lisboa, a que participen en dito programa, facilitando a estas persoas, en risco de exclusión social e en situación de desemprego de longa duración, prácticas laborais coas que obteñan máis oportunidades profesionais no futuro. No encontro, Iago Borges, un mozo con discapacidade intelectual de 23 anos, explicou a súa experiencia laboral no departamento de electrónica da empresa Rodríguez López Auto, co obxecto de animar aos empresarios presentes a apostar pola inclusión laboral de colectivos de persoas con menos oportunidades. Unha idea na que tamén incidiu a presidenta de Down Ourense, Mara Prieto. As empresas que se adhiran ao programa “Juntos Somos Capaces” recibirán o apoio e o seguimento necesario por parte de profesionais especializados de entidades como Down Ourense. A Cámara de Comercio de Ourense segue demostrando así o seu gran compromiso coas persoas máis vulnerables, apoiando o seu desenvolvemento profesional, a súa educación e o seu acceso ao emprego. No acto participaron Juan Carlos Parada, Presidente da Cámara de Comercio de Ourense; José Ángel Vázquez, Concelleiro de Facenda, Emprego, Limpeza Viaria e Termalismo do Concello de Orense; Rogelio Martínez, Delegado Territorial da Xunta en Ourense; e Javier Iglesias Rivada, Director da Oficina de Mapfre-Progreso.  

Entradas relacionadas
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias
29 Decembro, 2020
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá
10 Decembro, 2020
O IGAPE colabora co proxecto contra a fenda dixital da Federación Down Galicia
2 Decembro, 2020
Down Galicia únese ao #GivingTuesday co seu proxecto para eliminar a fenda dixital
30 Novembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
  • Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
  • Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade