Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

As entidades da discapacidade galegas únense contra o copagamento confiscatorio

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As entidades da discapacidade galegas únense contra o copagamento confiscatorio

26 Febreiro, 2015

» As entidades da discapacidade galegas únense contra o copagamento confiscatorio

O CERMI Galicia presenta en rolda de prensa a Iniciativa Lexislativa Popular “Afirma os teus dereitos, asina contra o copagamento confiscatorio” coa que pretende responderlle á Administración que está en desacordo cos criterios de copagamento na Lei de Autonomía Persoal e Dependencia. Dende o CERMI Galicia lanzan unha campaña, que é de ámbito nacional, coa que se pretende recoller 500.000 sinaturas de persoas con discapacidade, maiores, familias, profesionais dos servizos sociais, voluntariado e á cidadanía en xeral, para que consignen a súa firma de apoio a esta acción. Con esta Iniciativa Lexislativa Popular preténdese que exista unha exención de copagamento a quen perciba menos de 1.331 euros  (2,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, IPREM), que se fixe unha aportación máxima por persoa que non sexa superior ao 60% do custe do servizo e tamén que se lle garanta á persoa en situación de dependencia unha cantidade para destinar a gastos persoais que non sexa inferior ao 40% da súa capacidade económica. Segundo apuntou o Presidente de CERMI Galicia, Anxo Queiruga, durante a rolda de prensa, as razóns polas que as entidades da discapacidade nos unimos a esta campaña de non ao copagamento confiscatorio é porque “ o actual sistema de copagamento en Dependencia levou a millóns de persoas a unha situación extrema, onde moitas persoas en situación de dependencia foron expulsadas do sistema e impedíuselles o exercicio dos seus dereitos sociais. Temos o exemplo de que hai  comunidades autónomas nas que as persoas en situación de dependencia deben aportar hasta un 90% do custe do servizo, polo que esta situación forzou a sacar a persoas en situación de dependencia de recursos non domiciliarios, tiveron que abandonalos e volver ás súas casas, a costa da inclusión e da autonomía persoal”. Outras das razóns, segundo Queiruga para apoiar esta campaña son que “entre 2009 e 2013 a media da cantidade que aportan as persoas beneficiarias do sistema de dependencia polas axudas que reciben disparouse un 68% e por primeira vez, as persoas beneficiarias aportan máis ao sistema que a Administración”. Dende CERMI Galicia piden unha solución que lle vén demandada por cidadáns e cidadás prexudicados coa actual norma de copagamento. E esta solución pasa por unha aplicación máis xusta e realista da Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia con criterios de copagamento claros e equitativos; que a vida dunha persoa non dependa de onde resida, e ninguén quede fóra do sistema por non dispoñer de recursos; a modificación legal que expón o CERMI é unha necesidade para non baleirar de dereitos unha Lei que costou moito esforzo conseguir. Para CERMI, esta reivindicación que apoia non só a sociedade senón profesionais, persoas expertas e analistas, trata dereitos de todas e todos xa que ninguén queda exento da posibilidade de verse en situación de dependencia algunha vez, polo que, segundo Anxo Queiruga “facemos un chamamento a toda a cidadanía para que actúe e afiance os seus dereitos asinando Non ao copagamento confiscatorio”. Por último, a través desta campaña preténdese que toda a sociedade se comprometa coas persoas que peor están, non trata de conquistar novos dereitos, senón de non retroceder en dereitos xa adquiridos e trátase de cumprir a Constitución e que todas as persoas en situación de dependencia sexan consideradas iguais polo sistema á marxe do territorio no que naceran. As persoas que estean interesadas en asinar a LIP, poden facelo contactando con calquera das entidades que forman parte do CERMI Galicia e tamén a través do enderezo electrónico https://www.mifirma.com/proposals/52  

Entradas relacionadas

Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
Fundación Mapfre colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia
20 Xaneiro, 2023
A Consellería de Política Social e Xuventude colabora no mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
2 Decembro, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}