Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Día Mundial da Síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Día Mundial da Síndrome de Down

9 Marzo, 2015

» Día Mundial da Síndrome de Down

O Auditorio Municipal de Ourense, acollerá o 21 de marzo a partir das 19:00 horas, os actos do Día Mundial da Síndrome de Down.  Nesta edición, celebrarase un Acto institucional, seguido dunha gala musical e entregaranse os II Premios Down Galicia, co obxecto de recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares. Acto institucional Neste Día Mundial, os presidentes de Down Ourense, Mara Prieto Fortes, e de Down Galicia, Delmiro Prieto González, estarán acompañados polo alcalde de Ourense, Agustín Fernández Gallego, e polo vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda. Pero coma todos os anos, nesta cita as verdadeiras protagonistas serán as persoas coa síndrome de Down, que se farán cargo da presentación do acto e farán oír a súa voz a través da lectura do Manifesto pola Autonomía Persoal. Serán as as encargadas, ademais, de entregar os Premios Down Galicia que, nesta segunda edición recaen, na categoría de persoa individual, en Agustín García Montero, traballador de BBVA que fixo posible varios programas de prácticas formativas para persoas coa síndrome de Down en oficinas deste banco en toda Galicia; e na categoría institucional na Fundación Bancaria La Caixa, polo seu apoio continuado ao longo dos anos aos programas de acción social que desenvolven as entidades Down en Galicia. Gala musical Ao acto institucional seguiralle unha parte máis lúdica que será presentada polo actor e produtor ourensán Rubén Riós, que estará acompañado por mozos e mozas de Down Ourense. Trátase dunha breve gala musical na que actuarán a Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense, na que participa unha nena coa síndrome de Down, a Academia de baile Enka, na que participa unha moza coa síndrome de Down, o coro de cámara Capela Madrigalista e o cantautor Emilio Rúa. A entrada  a este evento será gratuíta, previa recollida do convite na billeteira do Auditorio Municipal. Enderezo: Auditorio Municipal de Ourense. Rúa da Canle 2. COMO CHEGAR Para consultar o programa completo prema aquí.

Entradas relacionadas

Down Galicia lanza unha actualización da súa guía con normas e recomendacións sobre lectura fácil
27 Setembro, 2023
Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}