Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Pedro Diz, o Instituto As Fontiñas e Limpiezas Salgado, distinguidos cos Premios Down Compostela 2015

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Pedro Diz, o Instituto As Fontiñas e Limpiezas Salgado, distinguidos cos Premios Down Compostela 2015

16 Marzo, 2015

» Pedro Diz, o Instituto As Fontiñas e Limpiezas Salgado, distinguidos cos Premios Down Compostela 2015

O traballo no campo da investigación sanitaria e a atención clínica, a aposta pola inclusión escolar e a incorporación ao mercado laboral das persoas con discapacidade foron os méritos que o Padroado da Fundación Down Compostela tivo en conta para entregar a Pedro Diz, ao Instituto de Secundaria As Fontiñas de Santiago, e a Limpiezas Salgado os Premios Down Compostela 2015, que se entregarán o vindeiro 18 de marzo no Hostal dos Reis Católicos. Con estes galardóns, a Fundación quere conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra oficialmente o 21 de marzo. Os motivos que tivo en conta o Padroado para conceder os premios e os galardoados foron os seguintes: Pedro Diz Dios, catedrático de Estomatoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e Director da Unidade de Pacientes Especiais da Facultade de Medicina e Odontoloxía. Merece o premio pola súa actividade e esforzos para mellorar a saúde e hixiene bucodental de persoas con discapacidade, tanto a través da docencia, como da investigación e a atención clínica. Foi o promotor, fai máis de 20 anos, da unidade que atende a doentes coa síndrome de Down e discapacidade procedentes de toda Galicia, que é referente a nivel nacional e internacional. En outubro de 2012 Pedro Diz coordinou a edición do “Manual de hixiene bucal para persoas con discapacidade”, unha iniciativa pioneira no seu ámbito que contén información útil para profesionais, familiares e pais e nais. Instituto de Educación Secundaria (IES) As Fontiñas. Polo seu labor a favor da inclusión escolar das persoas con discapacidade intelectual. A convicción e a implicación de todo o centro, desde o seu director, Juan José Hombre Eiras, e o resto do equipo directivo, a orientadora, o profesorado e o persoal auxiliar e de administración, ata os propios estudantes, contribúen a que os alumnos con discapacidade que cursan ciclos de Formación Profesional nel se sintan como un máis. E isto sen minguar o nivel de esixencia académica. Destaca o enfoque positivo que o IES As Fontiñas dá á ensinanza de alumnos con necesidades educativas especiais, centrándose nas súas capacidades e tratando de desenvolvelas ao máximo. Limpiezas Salgado. Polo seu firme mozas do Programa de Emprego con Apoio que desenvolve a Fundación Down Compostela. Coa aposta decidida do seu director xeral, Ramón Salgado, e de todo o persoal, Limpiezas Salgado contribúe a facer visibles as capacidades das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, axudándolles a realizar os seus proxectos persoais e a conseguir a súa inclusión na sociedade.  

Entradas relacionadas

Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais
19 Xaneiro, 2023
SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
O Xacobeo ilumina monumentos de Galicia co emblema das entidades Down para apoiar o Día Mundial da Síndrome de Down
18 Marzo, 2022
A Fundación Down Compostela e a Federación Down Galicia organizan un acto conmemorativo polo Día Mundial da síndrome de Down
15 Marzo, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}