Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

As persoas coa síndrome de Down reclaman máis oportunidades e que non se limiten os seus dereitos

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As persoas coa síndrome de Down reclaman máis oportunidades e que non se limiten os seus dereitos

23 Marzo, 2015

» As persoas coa síndrome de Down reclaman máis oportunidades e que non se limiten os seus dereitos

Baixo o lema “A vida non vai de cromosomas”, Juan José Castrillón e Manuel López, ambos mozos coa síndrome de Down, deron lectura ao manifesto no que reclamaron unha sociedade na que se acepte a diversidade. “Pedimos que a nosa sociedade se faga máis forte e valiosa, que admita a diversidade no seu seo e que nos acepte nela. E que estea disposta a utilizar os recursos que implican esta opción”.

A lectura do manifesto realizouse nun acto institucional que tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense, e que contou coa presenza dos presidentes de Down Ourense, Mara Prieto Fortes, de Down Galicia, Delmiro Prieto González, do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, e do alcalde de Ourense, Agustín Fernández Gallego. Durante a súa intervención, Mara Prieto quixo poñer o acento na necesidade de que as persoas coa síndrome de Down teñan oportunidades para ser “educadas e formadas axeitadamente, acceder ao mercado laboral, á vivenda propia, elixir a súa forma de vida adulta, á súa parella e, en definitiva, tomar as súas propias decisións”. “Porque as persoas coa síndrome de Down, coma calquera persoa, deben poder optar a un futuro digno e poder vivir de acordo coas súas aspiracións e soños” manifestou a presidenta de Down Ourense.

Pola súa banda, o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, fixo un somero repaso ás normativas que actualmente están restrinxindo os dereitos das persoas coa síndrome de Down, como son a LOMCE, a falta de convocatorias públicas por parte das Administracións para persoas con discapacidade intelectual, ou os procesos de incapacitación xurídica. Neste sentido, aproveitou a presenza institucional dos representantes autonómicos e municipais para solicitar apoio ante estas cuestións, ao tempo que agradeceu toda a colaboración recibida para poñer en valor as capacidades das persoas coa síndrome de Down e facelas máis visibles.

Premios Down Galicia

Durante o evento tamén se fixo entrega dos II Premios Down Galicia, que se conceden co obxecto de recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares. Nesta segunda edición recaeron, na categoría de persoa individual, en Agustín García Montero, traballador de BBVA que fixo posible varios programas de prácticas formativas para persoas coa síndrome de Down en oficinas deste banco en toda Galicia; e na categoría institucional na Fundación Bancaria La Caixa, polo seu apoio continuado ao longo dos anos aos programas de acción social que desenvolven as entidades Down en Galicia

Gala musical

Ao acto institucional estivo seguido dunha parte máis lúdica, presentada polo actor e produtor ourensán Rubén Riós, acompañado de Jorge, un mozo de Down Ourense. Esta segunda parte consistiu nunha breve gala musical na que actuaron a Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense, na que baila una nena coa síndrome de Down, a Academia de baile Enka, na que tamén participa unha moza de Down Ourense, e o cantautor Emilio Rúa.  

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}