Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Preto do 80% das persoas participantes no programa de emprego de Down Galicia contou cunha oportunidade laboral

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Preto do 80% das persoas participantes no programa de emprego de Down Galicia contou cunha oportunidade laboral

5 Maio, 2015

» Preto do 80% das persoas participantes no programa de emprego de Down Galicia contou cunha oportunidade laboral

Durante o exercicio 2014, un total de 123 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual contaron polo menos cun contrato de traballo ou cunha práctica laboral. Este dato supón que o 77,8% das persoas que participan no programa de emprego con apoio das entidades Down en Galicia tivo acceso a un posto de traballo nese período. Porén, o principal atranco para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual segue a ser a inestabilidade e a temporalidade nas contratacións. Así, no ano 2014 no marco do programa de emprego con apoio, asináronse un total de 139 contratos e 55 prácticas laborais –aos que accederon estas 123 persoas- o que pon de manifesto a curta duración das contratacións en moitos dos casos. As persoas participantes no programa reciben unha formación e unha preparación laboral que lles permite desempeñar os postos de traballo máis acaídos segundo as capacidades de cada quen. Os seus perfís laborais máis habituais son os relativos ao sector servizos -principalmente hostalaría e comercio-, e o sector de administración e oficinas. Aínda que nos últimos anos, Down Galicia mantén a taxa de persoas activas no seu programa de emprego no 80%, o certo é que o acceso a un posto de traballo de forma normalizada e a falta de oportunidades seguen a ser os grandes retos das entidades que traballan a prol da inclusión laboral na empresa ordinaria. O dereito ao traballo é unha reivindicación histórica das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, que foi recollido no 2006 pola ONU na Convención Internacional sobre Dereitos de Persoas con Discapacidade da ONU –ratificada polo Estado español o 3 de maio de 2008-, e que no seu artigo 27 recoñece “o dereito das persoas con discapacidade a traballar en igualdade de condicións coas demais, a condicións de traballo xustas e favorables, e en particular a igualdade de oportunidades”. Con respecto á empresa ordinaria, dáse a circunstancia de que en España se está incumprindo coa cota de inserción laboral fixado pola Lei Xeral de Discapacidade (antiga LISMI), que obriga ás empresas de máis de 50 traballadores a que reserven un 2% dos seus postos de traballo a persoas con algún tipo de discapacidade. Segundo os últimos datos feitos públicos a nivel estatal, a taxa de incumprimento desta lei por parte das empresas sitúase no 67%. En canto ao emprego público, a nivel estatal convocáronse oposicións en quenda única e independente para persoas con discapacidade intelectual por primeira vez no ano 2012, co obxecto de cubrir 54 prazas de persoal laboral fixo como Axudante de Xestión e Servizos Comúns, das que 3 correspondían á Comunidade galega, 2 na provincia da Coruña e 1 na de Lugo. Daquela, fóra un mozo de Down Lugo o que acadaba a praza na provincia luguesa. A nivel autonómico, e tras anos de demandas por parte das entidades Down, o executivo galego vén de aprobar na oferta de emprego público, correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral para o ano 2015, unha reserva de 6 prazas para o posto de ordenanza ás que só poderán presentarse persoas con discapacidade intelectual.

Entradas relacionadas

Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
Fundación Mapfre colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia
20 Xaneiro, 2023
A Consellería de Política Social e Xuventude colabora no mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
2 Decembro, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}