Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Encontro de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, familias e técnicos de entidades Down en Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Encontro de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, familias e técnicos de entidades Down en Galicia

12 Maio, 2015

» Encontro de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, familias e técnicos de entidades Down en Galicia

O sábado 30 de maio, no C.I.F.P. Politécnico de Santiago, celebraremos o encontro de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, familias e técnicos de entidades Down en Galicia. O obxectivo principal é o de facilitar un espazo informal no que as persoas con discapacidade e as súas familias poidan intercambiar experiencias, coñecerse mellor e poñer en común inquedanzas, preocupacións, soños e logros. Neste sentido, serán as propias persoas con discapacidade a as súas familias as que teñan o protagonismo do encontro e desempeñen un papel activo no mesmo. A xornada comeza cunha intervención do profesor da Universidade de Salamanca, Agustín Huete, que será o encargado de introducir o tema “Inquedanzas, retos e demandas das persoas coa síndrome de Down e as súas familias no conxunto do estado español”. Posteriormente, o investigador Rafael de la Torre presentará o estudo sobre a epigalocatequina galato (EGCG), unha substancia presente no té verde que mellora a capacidade cognitiva das persoas coa síndrome de Down. Na sesión de tarde, familias e persoas coa síndrome de Down das sete entidades Down en Galicia exporán as súas propias preocupacións e experiencias, co fin de intercambiar coñecementos e  desafíos comúns. E para finalizar, o foco de atención será a actividade realizada nas entidades Down, nunha sesión na que cada unha delas amosará os valores, trazos de identidade, momentos clave, e testemuñas cos que máis se identifican e que máis as definen. Consulta o programa da xornada

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
25 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
Down Galicia desenvolve 17 proxectos neste 2022 grazas ás persoas que marcaron o X solidario
7 Abril, 2022
Down Galicia e ACDgal alíanse para promover o envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
5 Abril, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}