Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O composto nutritivo que mellora a capacidade cognitiva das persoas coa Síndrome de Down chegará ás farmacias no mes de xuño co nome FontUP

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O composto nutritivo que mellora a capacidade cognitiva das persoas coa Síndrome de Down chegará ás farmacias no mes de xuño co nome FontUP

1 Xuño, 2015

» O composto nutritivo que mellora a capacidade cognitiva das persoas coa Síndrome de Down chegará ás farmacias no mes de xuño co nome FontUP

As máis de 400 persoas que se deron cita no II Encontro de Familias organizado por Down Galicia puideron coñecer de primeira man a próxima comercialización dun complemento alimenticio que contén epigalocatequina galato (EGCG), unha sustancia natural presente no té verde que mellora a capacidade cognitiva das persoas coa Síndrome de Down. Baixo o nome de FontUp chegará ás farmacias españolas a mediados do mes de xuño. Este produto é froito da investigación clínica desenvolvida dende 2009 por Mara Diersen, do Centro de Regulación Genómica de Barcelona e presidenta da Sociedad Española de Neurociencia, e Rafael de la Torre, do Instituto de Investigación del Hospital del Mar de Investigacións  Médicas de Barcelona, quen onte presentou os resultados preliminares deste estudo, no que participaron máis de 100 adultos coa Síndrome de Down. A EGCG foi identificada no ano 2003 como un potente inhibidor da actividade enzimática do xene que causa o deterioro cognitivo das persoas coa síndrome de Down. A partires do ano 2009 iníciase a investigación de Dierssen e De la Torre, que evidencia que as persoas que seguiron unha suplementación de EGCG combinada con estimulación cognitiva melloran a súa capacidade de aprendizaxe. Nos estudos en seres humanos participaron, en diferentes fases clínicas e preclínicas, 117 persoas coa síndrome de Down de 16 a 34 anos, nos que se foron comparando os resultados tras a administración de suplementos de EGC. As conclusión provisionais dos investigadores sinalan que o tratamento con EGCG mellora a plasticidade sináptica cerebral das persoas coa síndrome de Down, o que se traduce nunha mellora de certas formas de memoria, nas funcións executivas e na súa competencia na vida diaria. Dúas doses diarias A raíz desta investigación, Laboratorios Grand Fontaine desenvolveu un produto, chamado FontUP, que chegará ás farmacias españolas a mediados de xuño como complemento alimenticio, sen glute e sen lactosa, para disolver en auga. No Encontro de Familias de  Down Galicia, a directora de marketing de Grand Fontaine, Beñola Urbierna, explicou que o FontUP é unha bebida instantánea en po con extracto de té verde e rica en fibra, que contén unha cantidade estandarizada de EGCG. O tratamento consistirá en dúas tomas diarias, unha pola mañá e outra pola noite. O custo estimado é de 22 euros semanais. Tanto Rafael de la Torre como Begoña Urbierna destacaron que o tratamento está recomendado para maiores de 16 anos, ao tempo que recomendaron a todas as familias e persoas con Síndrome de Down que desexen tomar o FontUp, que antes de iniciar o tratamento acudan ao seu médico de cabeceira. Agustín Huete e os retos do futuro Antes da presentación deste estudo, II Encontro de Familias de Down Galicia comezou cunha conferencia de Agustín Huete, profesor da Universidad de Salamanca, que presentou a actualidade da poboación coa síndrome de Down, a súa realidade demográfica e as cifras relativas á súa inclusión social. Na súa intervención, Huete analizou e propuxo unha reflexión sobre as circunstancias e retos aos que deben facer fronte as familias, profesionais e institucións que representan ás persoas coa síndrome de Down.

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico do incremento do gasto de persoal nas súas entidades polo convenio colectivo de aplicación
13 Febreiro, 2023
Política Social financiou en 2022 varios programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
8 Febreiro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}