“Adaptámonos de marabilla ó noso posto de traballo”. Ángeles Sabarís e Carmen García explican a súa experiencia laboral na presentación de Juntos Somos Capaces

Preto de 20 empresas que desenvolven a súa actividade nas Rías Baixas asistiron hoxe en Sanxenxo a un encontro empresarial organizado pola Fundación Mapfre que serviu como presentación do programa “Juntos Somos Capaces”. Trátase dun proxecto para promover a inclusión laboral de persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental e que desde 2010 facilitou a…