Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

As entidades Down alertan do grave perigo que supón a sentenza do Tribunal Supremo que anula as subvenciones a ONG estatais

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As entidades Down alertan do grave perigo que supón a sentenza do Tribunal Supremo que anula as subvenciones a ONG estatais

22 Xuño, 2015

» As entidades Down alertan do grave perigo que supón a sentenza do Tribunal Supremo que anula as subvenciones a ONG estatais

As entidades Down consideran que a sentenza do Tribunal Supremo que declara nulo o Real Decreto 535/2013 polo que se establece a concesión de subvencións a entidades do Terceiro Sector de ámbito estatal, atenta gravemente contra o sector social en España e condenará a estas entidades á súa desaparición nun futuro próximo. As entidades de acción social estatais prestan un apoio insubstituíble ás persoas con discapacidade e ás súas familias. É por iso que esta resolución xudicial, de aplicarse, terá un efecto devastador na situación da poboación máis excluída e con maior necesidade de apoio. A realidade das persoas con discapacidade en España require de unhas estruturas estatais de apoio que coordinen, planifiquen, organicen e creen servizos destinados a cubrir as necesidades dos diferentes colectivos desde una óptica xeral, que asegure a implantación de programas que beneficien a estas persoas con independencia do territorio no que residan. En opinión da Federación de entidades Down a nivel estatal, Down España, non pode poñerse en dúbida que a política de solidariedade entre territorios establecida polo Real Decreto demostrou ser altamente beneficiosa, garantindo que a atención que reciben as persoas con discapacidade en calquera parte do territorio nacional sexa o máis igualitaria, xusta e equitativa posible. Ante esta gravísima situación que fai perigar a estabilidade dun sector consolidado desde fai décadas, Down España pide aos poderes públicos que se comprometan para garantir a continuidade dos proxectos sociais das entidades nacionais di Terceiro Sector. O presidente de Down España, José Fabián Cámara, considera que “esta resolución xudicial pon en risco a capacidade de apoio e asistencia ás persoas máis vulnerables e necesitadas do noso país, algo que é completamente inaceptable. Un conflito de competencias coas Comunidades Autónomas non pode derrubar a rede cívica de apoio social que constitúen as organizacións estatais do Terceiro Sector. Desde Down España facemos un chamamento a que os diferentes actores implicados tomen accións inmediatas de cara a solucionar esta situación”. Down España xunto co CERMI e o resto de organizacións sociais articuladas en torno á Plataforma do Terceiro Sector, despregará toda a acción de presión e incidencia política necesaria para reverter esta situación que coloca ao borde do abismo á rede cívica de apoio social creada con tanto esforzo nos últimos 30 anos en España.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}