DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down España traslada aos partidos políticos unha serie de medidas para mellorar a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down España traslada aos partidos políticos unha serie de medidas para mellorar a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down

A Federación Estatal de entidades Down púxose en contacto cos partidos maioritarios que se presentarán ás vindeiras Eleccións Xerais (PP, PSOE, Izquierda Unida, Ciudadanos, Podemos, UPyD e Vox) para trasladarlles un argumentario que propón e reivindica a posta en marcha de varias iniciativas políticas que atinxen á calidade de vida das persoas coa síndrome de Down  no Estado. No documento, a Federación invita aos líderes e responsables de políticas sociais destas formacións a que adquiran uns compromisos en apoio ao colectivo:

  • Impulsar a interlocución e a participación civil do colectivo no deseño das políticas e a participación activa nas actuacións que lles afecta.
  • Comprometerse publicamente cunha postura en pro dos Dereitos Humanos e a aplicación da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.
  • Promover a inclusión social das persoas coa síndrome de Down.
  • Fomentar a accesibilidade ao coñecemento.
  • Mellorar o coñecemento e a transparencia no relativo á síndrome de Down e a súa realidade en España.
  • Aportar un sostemento económico ás organizacións que apoian ás persoas coa síndrome de Down.

Así mesmo, Down España proponlles unha batería de accións concretas (froito da análise de situacións, reivindicacións e demandas do colectivo) que poderían supoñer un cambio significativo para a vida das persoas con trisomía 21 e a súa contorna. Cada unha destas medidas está respaldada por referencias lexislativas concretas, e acompáñase de unha proposta viable para acadar a súa aplicación dunha forma eficaz e áxil. Medidas que abarcan desde a implementación do dereito ao voto e a modificación da capacidade xurídica de obrar, ata a creación dun sistema educativo inclusivo, a regulación do Emprego con Apoio, ou o fomento dos servizos de autonomía persoal e vivendas para a vida autónoma. Ademais de mandarlles este documento, Down España convidou aos candidatos de cada partido a manter unha xuntanza na que expoñerlles detalladamente estas propostas e invitalos a que as fagan súas e as incorporen ao seu programa electoral de cara ás Eleccións Xerais. Documento completo “Propuesta política en defensa del síndrome de Down para la legislatura 2015 – 2019”

Entradas relacionadas
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade