Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O Presidente da Xunta aposta por ampliar a oferta de emprego público para persoas con discapacidade intelectual na súa visita a Down Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Presidente da Xunta aposta por ampliar a oferta de emprego público para persoas con discapacidade intelectual na súa visita a Down Galicia

27 Xullo, 2015

» O Presidente da Xunta aposta por ampliar a oferta de emprego público para persoas con discapacidade intelectual na súa visita a Down Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, defendeu esta mañá na súa visita a Down Galicia e Down Compostela, a necesidade de apostar pola inserción laboral das persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual. “Son traballadores serios, responsables, que responden, e é necesario abrir un pouco máis o mercado laboral, tanto por parte da Administración como das empresas, para que conten con máis oportunidades laborais”, afirmou o presidente da Xunta. Neste sentido, explicou que desde a Administración autonómica están dispostos a ampliar a oferta de emprego público para persoas con discapacidade intelectual. Na mesma liña manifestouse Elías Ledo, un mozo coa síndrome de Down que forma parte da Xunta Directiva de Down Compostela, que no nome dos seus compañeiros e compañeiras reclamou máis oportunidades laborais. “Queremos traballo” afirmou contundente. Núñez Feijoo tamén fixo referencia á necesidade de que o colectivo de persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual conten cunha educación e formación de calidade e adecuada para a súa posterior inserción laboral e para conseguir autonomía persoal. Precisamente, a educación e a preocupación ante a entrada en vigor da LOMCE centraron parte da xuntanza privada que mantiveron os representantes das entidades Down co presidente da Xunta e coa secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar. Os presidentes de Down Galicia, Delmiro Prieto González, e de Down Compostela, Juan Martínez López, acompañados polo secretario de Down Compostela, Xaime López Martínez, e polo vogal de Down Compostela, Elías Ledo Vázquez, amosáronlle a Alberto Núñez Feijoo e a María Jesús Lorenzana as instalacións de Down Compostela e Down Galicia e os programas que desenvolven. Na visita tivo un papel protagonista o vocal de Down Compostela, Elías Ledo Vázquez, o mozo coa síndrome de Down que forma parte da Xunta Directiva desde o mes de xuño do ano pasado. Elías Ledo presentoulle ao presidente da Xunta os seus compañeiros e compañeiras que se atopaban nese momento no centro. Así foron visitando a sala de atención temperá, na que se traballa con nenos e nenas de menos de tres anos en aspectos relacionados coa psicomotricidade, as aulas de logopedia, de lectoescritura, de novas tecnoloxías, e a Sala Lar na que se realiza formación relacionada coa vida adulta e independente, como son as tarefas propias do fogar. Tamén visitaron o recinto exterior no que se realiza un obradoiro de xardinería e horticultura, e no que os mozos e mozas lle explicaron ao presidente e á secretaria xeral técnica como manteñen o xardín exterior y cultivan unha pequena horta.

Entradas relacionadas

Fundación Mapfre colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia
20 Xaneiro, 2023
Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais
19 Xaneiro, 2023
A Consellería de Política Social e Xuventude colabora no mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
2 Decembro, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}