DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

“la Caixa” promove a vida autónoma e independente das persoas con discapacidade intelectual

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» “la Caixa” promove a vida autónoma e independente das persoas con discapacidade intelectual

Mediante unha achega de 24.000 euros, a Obra Social “la Caixa” colabora co proxecto de Down Galicia “Vida independente para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual”. Esta axuda enmárcase na Convocatoria de “Viviendas temporales de inclusión social 2015”, enfocada á realización de proxectos relacionados cos servizos de vivenda temporal para persoas en proceso de inclusión social. Para facer efectiva esta axuda, ambas entidades acaban de asinar un convenio de colaboración en virtude do cal, un total de 84 persoas con discapacidade intelectual, e en particular coa síndrome de Down, contarán cunha serie de apoios encamiñados a capacitalas para vivir de forma autónoma e independente fóra do fogar familiar. O obxectivo principal deste proxecto é o de favorecer, nas persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, o desenvolvemento de recursos e habilidades que contribúan á vida autónoma, independente e autoxestionada no propio fogar e na comunidade na que se desenvolven, garantindo para iso os recursos necesarios e a implicación das súas familias. O proxecto de Vida Adulta e Independente de Down Galicia lévase a cabo en vivendas situadas en Lugo, Vigo, Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela, nas que se ofrece a oportunidade de emancipación con apoio ás persoas participantes, para que poidan decidir nun futuro se desexan vivir soas, en parella, ou con outras persoas.  Para iso, realízanse actividades encamiñadas a fomentar a convivencia, a responsabilidade, a autoxestión e as habilidades sociais e persoais necesarias para promover a toma de decisións e a capacidade para decidir como, cando e con quen quere vivir cada persoa.

Entradas relacionadas
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias
29 Decembro, 2020
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá
10 Decembro, 2020
O IGAPE colabora co proxecto contra a fenda dixital da Federación Down Galicia
2 Decembro, 2020
Down Galicia únese ao #GivingTuesday co seu proxecto para eliminar a fenda dixital
30 Novembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
  • Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
  • Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade