Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

As entidades Down contabilizan máis de vinte insercións laborais no primeiro semestre do ano

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As entidades Down contabilizan máis de vinte insercións laborais no primeiro semestre do ano

6 Agosto, 2015

» As entidades Down contabilizan máis de vinte insercións laborais no primeiro semestre do ano

No primeiro semestre do exercicio 2015, un total de 23 persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual das entidades Down en Galicia, accederon a un posto de traballo ou renovaron as condicións contractuais do que xa tiñan en empresas ordinarias da súa contorna. Por áreas de influencia desde as entidades Down en Galicia, na zona de Vigo foron 4 as persoas que acadaron un posto laboral ou mantiveron o que xa tiñan, en A Coruña tamén foron 4, en Compostela 1, en Lugo 2, en Ourense 7, en Pontevedra 4 e en Ferrol 1. Sen embargo, a estas 23 persoas asinaron un total de 37 contratos, o que dá conta de que a inestabilidade e a temporalidade nas contratacións seguen a ser os principais atrancos na inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual. A metodoloxía Emprego con Apoio Desde o ano 2.002, as entidades Down en Galicia desenvolven o programa Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario. Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de xeito positivo e natural. Paralelamente, as entidades Down realizan un labor de prospección laboral co fin de dar a coñecer esta iniciativa entre o tecido empresarial e acadar a súa colaboración por medio de contratos e/ou prácticas laborais. Neste sentido, a participación e a cada vez maior presenza das persoas con discapacidade intelectual nas empresas ordinarias contribúe de xeito eficaz a desterrar os tópicos que tradicionalmente se lles atribúe a este colectivo, resultando un xeito sumamente eficaz de integración social.

Entradas relacionadas

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}