DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Doce mozos e mozas de Down Compostela e Down Vigo fórmanse para o IV Campionato Barista de Galicia

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Doce mozos e mozas de Down Compostela e Down Vigo fórmanse para o IV Campionato Barista de Galicia

Seis mozos e mozas de Compostela e seis de Vigo reciben esta semana unhas xornadas de formación intensiva como baristas. Durante estes días prepararanse para a competición que terá lugar o vindeiro domingo na terraza do restaurante santiagués Porta Faxeira (Rúa do Franco, 50), onde se celebrará o IV Campionato Barista Down de Galicia. Os participantes terán que preparar, ante xuíces baristas de recoñecido prestixio, dous cafés expresos, dous capuccinos decorados coa técnica do latte art e dous cócteles a base de café. Todos os participantes recibirán como premio a realización de prácticas laborais nos establecementos hostaleiros colaboradores de Santiago de Compostela e Vigo. Promovido por Cafento e Down Compostela Os Campionatos Baristas Down son unha iniciativa pioneira no mundo, nacida en Galicia en 2012, que buscan visibilizar ao colectivo de persoas coa síndrome de Down en termos positivos. O IV Campionato Barista de Galicia está coorganizado por Cafento, a Fundación Down Compostela, a asociación Down Vigo, Pousadas de Compostela e a Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago de Compostela. Conta coa colaboración de Crem International, Lau Creaciones e establecementos de hostalería de Compostela: AC Palacio do Carmen, Café La Mecca, Hotel Oca Puerta del Camino, NH Obradoiro, Parador Museo de Santiago, Tryp Santiago; e de Vigo: Café Bar Belén, Hesperia Vigo, Hotel Nagari, NH Palacio de Vigo, Pazo Los Escudos e Tryp Vigo Los Galeones. O Campionato Down máis internacional ata a data Estes certames chamaron a atención da prensa especializada internacional e chegaron a países como Canadá, Estados Unidos, Dinamarca e Italia. Nesta edición, o Campionato contará coa presenza de Gerald Fantone, creador do proxecto Made by Mavericks, que poñerá en marcha na cidade canadense de Toronto un instituto de formación barista especificamente dirixido a persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual.

Entradas relacionadas
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
O atleta Marcos Groba e o equipo Taninos Runners Ponteareas doan 625 euros a Down Vigo
6 Novembro, 2020
Down Vigo e a empresa de automoción Magna Seating asinan un convenio de colaboración para facilitar a inclusión laboral do colectivo
29 Outubro, 2020
O Presidente da Deputación de A Coruña visita a sede de Down Compostela para coñecer as principais demandas da Fundación
13 Outubro, 2020
Carlota e Down Compostela poñen o broche de ouro á primeira tempada de ‘Hasta la vista’
8 Outubro, 2020
Down Vigo entrega á ONG Bicos de Papel a cantidade recadada grazas ao Proxecto Xx
23 Setembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias
  • Distribuciones Froiz confía de novo no programa de Emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
  • “Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade