Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Fundación A.M.A. premia a Down Galicia na II edición do Premio Mutualista Solidario

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Fundación A.M.A. premia a Down Galicia na II edición do Premio Mutualista Solidario

18 Xaneiro, 2016

» Fundación A.M.A. premia a Down Galicia na II edición do Premio Mutualista Solidario

A Federación Down Galicia converteuse o pasado xoves nun dos finalistas da II edición do Premio Mutualista Solidario que entrega a Fundación A.M.A. Este galardón, dotado con 5.000 euros, premia o seu proxecto “Atención temperá para nenas e nenos coa síndrome de Down”, cuxo obxectivo principal é ofrecer ás persoas coa síndrome de Down e ás súas familias un conxunto de accións que faciliten a súa adecuada maduración en todos os ámbitos e que lles permitan conseguir o máximo nivel de desenvolvemento persoal e de inclusión. No mesmo certame, o Padroado da Fundación A.M.A. declarou gañador desta  II edición do Premio Mutualista Solidario ao proxecto Las Casitas, da santiaguesa Fundación Andrea. Os 12.000 euros do galardón empregaranse integramente para desenvolver o devandito proxecto, que ofrece fogar e manutención a familias de escasos recursos con nenos hospitalizados de longa estancia no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, CHUS. O segundo premio, cunha dotación de 8.000 euros, recaeu en Médicos del Mundo, polo seu proxecto de prevención da mutilación xenital feminina entre nenas e mulleres de orixe subsahariana residentes en España. Os candidatos aos Premios “Mutualista Solidario” son propostos polos mutualistas de A.M.A., a Mutua dos Profesionais Sanitarios, a través da Fundación A.M.A.. Unha vez recibidos todos os proxectos e co asesoramento da Fundación Lealtad, a Fundación A.M.A. seleccionou un total de 78 proxectos solidarios, de entre os cales o Padroado da Fundación A.M.A. seleccionou aos dez gañadores. O doutor Diego Murillo, presidente da Fundación A.M.A., entregou onte os premios a Charo Barca, presidenta da Fundación Andrea, e a Sagrario Martín, presidenta de Médicos del Mundo. Os requisitos para optar ao premio son que o proxecto sexa presentado por un mutualista de A.M.A. e que os seus programas se centren en colectivos en risco de exclusión social, e inclúan actividades relacionadas co coidado da saúde, a prevención de enfermidades ou a promoción de hábitos de vida saudables. Cada proposta debeu incluír ademais un orzamento detallado por partidas e conceptos, e executarse integramente en España. O Padroado designou tamén como finalistas do certame, á Asociación de prevención y de víctimas de accidentes Aesleme, polo proxecto “Te puede pasar”; á Asociación de Esclerosis Múltiple de Navarra, Ademna, polo seu proxecto “Superando límites”; e á asociación Aspanion, polo seu proxecto de “Terapia para niños y adolescentes con cáncer y sus familias”. Quedaron tamén finalistas a Federación de Asociaciones de Familiares y Personas con Enfermedad Mental de Castilla y León, Feafes CyL, polo seu proxecto de “Prevención del envejecimiento”; a Fundación Aspanias Burgos, co seu proxecto de “Equipamiento y formación en reanimación”; a Fundación de Ayuda y Desarrollo en Educación, FADE, polo seu proxecto “Secunda”, de voluntariado sociosanitario con maiores, e Taxus Sierra Norte, polo seu proxecto “Emociones”, que busca activar a memoria musical e a capacidade emotiva entre enfermos de Alzheimer. Foto: Fundación A.M.A.

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico do incremento do gasto de persoal nas súas entidades polo convenio colectivo de aplicación
13 Febreiro, 2023
Política Social financiou en 2022 varios programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
8 Febreiro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}